Carme Chacón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Carme Chacón | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo: | Carme Chacón Piqueras | ||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Data de nacemento: | 13 de marzo de 1971 | ||
| Lugar de nacemento: | |||
| Data de falecemento: | |||
| Lugar de falecemento: | , | ||
| Organización(s): | PSC - PSOE | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Cargo(s): | Ministra de Defensa (dende 2008) Ministra de Vivenda (2007 - 2008) Deputada no Congreso dos Deputados (dende 2000) |
||
| Profesión: | Profesora de Dereito Constitucional | ||
Carme Chacón Piqueras (Esplugues de Llobregat, Barcelona, España, 13 de marzo de 1971) é unha política española, militante do PSC e membro da executiva do PSOE. Na actualidade é ministra de Defensa.
É licenciada en Dereito pola Universidade de Barcelona. Realizou estudos de posgrao no Osgoode Hall Law School de Toronto, na Universidade de Kingston, na Universidade Laval do Quebec e na Universidade de Montreal. Foi ademais Profesora de Dereito Constitucional na Universidade de Xirona, e Secretaria de Educación, Cultura e Investigación da Comisión Executiva Federal do PSOE.
É deputada desde a VII Lexislatura aberta en 2000 e ocupou a vicepresidencia do Congreso dos Deputados (cámara baixa do Parlamento español) ó iniciarse a oitava en 2004 ata que o 9 de xullo de 2007 foi nomeada Ministra de Vivenda, en substitución de María Antonia Trujillo. Na segunda lexislatura do goberno de Zapatero abandonou a carteira de Vivenda e pasou a ocupar a carteira de Defensa, sendo a primeira muller en facelo na historia de España.
| Predecesor: María Antonia Trujillo |
Ministra de Vivenda 2007 - 2008 |
Sucesor: Beatriz Corredor |
| Predecesor: José Antonio Alonso |
Ministra de Defensa 2008 - actualidade |
Sucesor: No cargo |