Jordi Vallmajó
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1982 (41 anos) Figueres, Xirona |
Nacionalidade | España |
Altura | 1,90 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 85 kg (187 lb) |
Posición | Base |
Información da carreira | |
Carreira | dende 2001 |
Historial de equipos | |
Adepaf Figueres (2001-2002) |
Jordi Vallmajó Tercero, nado o 8 de maio de 1982 en Figueres, Xirona, é un xogador profesional de baloncesto catalán que dende 2009 milita no Club Baloncesto Breogán de Lugo da Liga LEB. Cunha altura de 1,91 metros xoga na posición de base. O seu irmán máis vello Xavier Vallmajó tamén é base e xogou durante varias tempadas na Liga ACB.
Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]
- EBA. Adepaf Figueres (2001-2002)
- LEB 2. Gandía (2002–2003)
- LEB Aracena (2003-2004)
- LEB Los Barrios (2004-2005)
- LEB 2 Akasvayu Vic (2005–2007)
- LEB Gandía (2007-2008)
- LEB Rosalía (2008-2009)
- LEB Breogán (2009-2011)