John Entwistle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

John Alec Entwistle, nado o 9 de outubro de 1944 e finado o 27 de xuño de 2002, foi o baixista de The Who.

Traxectoria [editar]

Naceu en Chiswick, un suburbio de Londres, en 1944. Dende neno aprendeu a tocar varios instrumentos, integrando conxuntos de marchas e de jazz. Aínda que foi amigo da infancia de Pete Townshend foi a través de Roger Daltrey que se uniu a inicios dos anos 60 ao conxunto de Rock and Roll The Detours, que eventualmente evolucionaría ata converterse en The Who. Entwistle foi quen á súa vez introduciu a Townshend ao grupo ao recomendar incluílo como guitarrista a Daltrey.