Johann Heinrich von Bernstorff
Johann Heinrich Graf von Bernstorff, nado en Londres o 14 de novembro de 1862 e finado en Genf, Suíza, o 6 de outubro de 1939, foi un político e diplomático alemán.
Traxectoria [editar]
Fillo do embaixador Prusiano no Reino Unido Albrecht von Bernstorff viviu en Londres ata os 11 anos. Iniciou a súa actividade diplomática traballando para as embaixadas alemás en Belgrado (1892-94), San Petersburgo (1895-97), Londres (1902-06) e O Cairo (1906-08). Posteriormente, foi embaixador en Estados Unidos e México de 1908 a 1914. Durante a Primeira Guerra Mundial participou en diversas actividades de intelixencia e sabotaxes nos Estados Unidos.
Membro fundador do Partido Democrático Alemán, foi deputado no Reichstag de 1921 a 1928. Explicitamente mencionado por Adolf Hitler como un dos culpables do colapso de Alemaña, deixou o país en 1933 tras a suba dos nazis ao poder, con destino a Suíza, onde residiu os últimos 6 anos da súa vida.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- My three years in America, libro de Johann H. von Bernstoff. (en inglés)