João Afonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoão Afonso
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Maputo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónvocalista , cantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1678502 Facebook: JoaoAfonso.musico Genius: Joao-afonso Editar o valor em Wikidata

João Nepomuceno Baltazar de Lima, nado en Maputo (Mozambique) o 8 de xullo de 1965, é un cantautor portugués, máis coñecido como João Afonso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu en Maputo coa súa familia até o seu traslado en 1978 a Portugal. Recolle as influencias da música urbana africana do seu país de orixe e a tradición portuguesa do seu tío o cantante portugués Zeca Afonso. Participa nos actos de homenaxe a este último que se organizan a finais da década de 1980 e no ano 2012.[1]

En decembro de 1994 integra o proxecto Maio maduro maio xunto a José Mário Branco e Amélia Muge. Gravado en dobre compacto en 1995, preséntase en diversas capitais internacionais, incluída Lisboa. Colabora nos discos Janelas verdes e Acústico de Júlio Pereira e en Lua extravagante, do grupo homónimo.

En 1996 canta en España, xunto a Luis Pastor, temas propios e de Zeca Afonso; ocasionalmente úneselles Pedro Guerra, que por entón era unha nova promesa da canción nacional. En maio de 1997 publica en Portugal Missangas, o seu primeiro disco en solitario, que se reedita despois en Francia (Polygram) e España (Resistencia). Na Exposición Internacional de 1998 en Lisboa participa na gravación do espectáculo Voz e guitarra e ofrece concertos propios.

En 1998 ofrece dous temas do romanceiro histórico ao disco colectivo Novas vos trago, compón música para o poema Paz de Santiago de José Saramago, que grava Luís Pastor no seu álbum Por el mar de mi mano, e grava co grupo canario Mestisay o tema Na machamba, cuxa versión orixinal se incluía na súa obra Missangas. En 1999 canta o tema Aquí em baixo (Azul) no disco da cantante galega Uxía Senlle.

En 1999 publica Barco voador, o seu segundo disco en solitario, onde recolle a súa experiencia como viaxeiro por diversos continentes. A discográfica Universal edítao en España. En 2002 edita o seu disco Zanzibar, con catorce temas —a maioría da súa autoría— con xogos instrumentais e vocais. En 2006, Outra vida, confírmao como un dos mellores intérpretes e creadores da súa xeración en Portugal. En 2014 edita Sangue bom, con composicións propias sobre poemas de Mia Couto e de José Eduardo Agualusa.

Participou nos festivais galegos Cantos na Maré, Festas do Apóstolo [2] e Festigal, entre outros.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Maio maduro maio, con José Mário Branco e Amélia Muge (1995)
  • Missangas (1997)
  • Barco voador (1999)
  • Zanzibar (2002)
  • A arte e a música, recompilatorio (2004)
  • Outra vida (2006)
  • Um redondo vocábulo, con João Lucas (2010)
  • Sangue bom (2014)

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Voz e guitarra (1997)
  • Encontros: Canções de João Lóio (1997)
  • Novas vos trago (1998)
  • Cantigas de amigo (1999)
  • O cancioneiro do Niassa, canções proibidas (1999)
  • Canções de embalar (2001)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Terra da Fraternidade": Galicia homenajea a José Afonso". RTVE. Consultado o 26-07-2020. 
  2. "Apóstolo 2018". Portal Galego da Língua. Consultado o 26-07-2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]