Javier Bulfoni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Javier Bulfoni
Atenas de Córdoba  – No. 7
Base
Nacemento 28 de setembro de 1976 (37 anos)
Flag of Argentina.svg Casilda
Nacionalidade Flag of Argentina.svg Arxentina
Altura 1,90 m (6 ft 4 in)
Peso 93 kg (205 lb)
Liga LNB
Carreira dende 1999
Equipos

Arxentina Club de Gimnasia y Esgrima La Plata (1999-2002)
España CB Inca (2002-04)
España CB Ciudad de Algeciras (2004-05)
España Baloncesto León (2005-08)
Cataluña Bàsquet Manresa (2008-09)
Galiza Obradoiro CAB (2009-12)
Arxentina Atenas de Córdoba (2012-presente)

Javier Bulfoni, tamén coñecido como Tuky Bulfoni, nado o 26 de setembro de 1976 en Casilda (Provincia de Santa Fe, Arxentina), é un xogador de baloncesto arxentino. Actualmente xoga na posición de escolta no Atenas de Córdoba. Salienta a súa capacidade anotadora, con bo tiro na media e na longa distancia, así como por ser un bo defensor

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Bulfoni comezou a xogar no club da súa cidade natal, o Alumni de Casilda. Posteriormente trasladouse a La Plata para xogar na canteira do Club de Gimnasia y Esgrima La Plata ata que no 2001, cando deu o salto a Europa, asinando polo Drac Inca da Liga LEB Ouro, pasando posteriormente a xogar no CB Ciudad de Algeciras (LEB Ouro).

No 2005 fichou polo Grupo Begar León da LEB Ouro. Un triple seu daría no último segundo o campionato da Liga Regular da LEB na tempada 2005-06 ao equipo leonés. Logo de fallar no intento de ascenso na tempada 2005-06, foi un dos compoñentes da plantilla que logrou o ascenso un ano despois. Tras unha tempada na Liga ACB nas filas do Bàsquet Manresa (2008-09), o martes 18 de agosto do 2009 fichou polo Obradoiro CAB.

Equipos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]