J. A. Xesteira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1946 (77/78 anos) Redondela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
José Ángel Gesteira Pazos, máis coñecido como J. A. Xesteira,[1] nado en Redondela en 1946, é un escritor e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou xornalismo en Madrid. Traballou en La Mañana de Lérida, El Correo Gallego, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo (redactor xefe de Cultura e peche)
Escribiu unha columna semanal de opinión sociopolítica no Diario de Pontevedra durante moitos anos.[2] Foi crítico de cine na última etapa do semanario A Nosa Terra. Escribiu artigos de tipo sociohistórico no boletín do Seminario de Estudos Redondeláns.[3] Nos anos 90 dirixiu un xornal interfronterizo, Sin Fronteras/Sem Fronteiras, insertado nas páxinas do Faro de Vigo e o Jornal de Notícias do Porto.[4]
Obra[editar | editar a fonte]
Relatos[editar | editar a fonte]
- Acompáñoo no sentimento (2001). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-8483026861.
- Contos de familia (2005). Vigo: Xerais. 128 páxs. ISBN 978-84-9782-376-0.[5]
- Cóntamo outra vez, Rick (2021). Vigo: Galaxia. 164 páxs. ISBN 978-84-9151-605-7.[6]
Novela[editar | editar a fonte]
- Blues da ría (2001). Vigo: Xerais, Colección Fóra de Xogo. 144 páxs. Xuvenil. ISBN 9788483027080.
- Caldo de mares para homes libres (2003). Vigo: Xerais. 248 páxs. ISBN 978-8497820127.
Libros colectivos[editar | editar a fonte]
- Phiccións (2000). Vigo: Xerais. 136 páxs. ISBN 978-8483025802. Dous relatos: ``Chao, moneca (ou, ¿cómo che vai miña rosa?)´´ e ``O manuscrito atopado en Ramallosa´´.
- A memoria de Redondela (2001). Vigo: Xerais. Libro de postais con Luís Borines. 104 páxs. ISBN 9788483027103.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: j". www.ogalego.eu. Consultado o 2021-07-21.
- ↑ Pontevedra, Diario de. "Diario de Pontevedra, Noticias de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-07-21.
- ↑ "Rexistro de Artistas Locais - LITERATURA". Concello de Redondela. Consultado o 2021-07-21.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2021. Consultado o 2021-07-21.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2021. Consultado o 2021-07-21.
- ↑ "crítica de CÓNTAMO OUTRA VEZ, RICK, de J. A. Xesteira, en Galaxia". Ferradura en Tránsito II. 2021-06-02. Consultado o 2021-07-21.