Irlanda do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deisceart Éireann
Irlanda do Sur

1921–1922
Bandeira Escudo
Capital Dublín
Lingua Inglés, irlandés,
Goberno Monarquía constitucional
Monarca Xurxo V
Chearman
 • Primeiro Michael Collins
 • Último W.T. Cosgrave
Lexislatura Parlamento
 - Cámara alta Senado
 - Cámara baixa Cámara dos Comúns
Historia
 • Tratado Angloirlandés 6 de decembro de 1921
 • Estabelecemento 3 de maio de 1921
 • Tratado Angloirlandés 6 de decembro de 1922
Moeda Libra esterlina
O Consello de Irlanda tamén prevía "a posible creación dun Parlamento para o conxunto de Irlanda".

Irlanda do Sur (en inglés: Southern Ireland, en irlandés: Deisceart Éireann) foi unha rexión autónoma do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda establecida o 3 de maio de 1921, aínda que non foi plenamente efectiva até o 1 de xaneiro de 1922. Foi disolta o 6 de decembro mediante a sinatura do Tratado angloirlandés e substituída polo Estado Libre Irlandés.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

A sinatura da Acta de Goberno de Irlanda permitiu partir a illa de Irlanda en dúas zonas:

  • Irlanda do Norte, cunha extensión de aproximadamente do 15% da illa.
  • Irlanda do Sur

Ambas rexións tiñan parlamentos bicamerais e executivos separados, porén unidos pola figura do Lord Tenente, que era o representante do Rei do Reino Unido. Así mesmo tamén existía o Consello de Irlanda, que os ingleses prometeron aos nacionalistas que se convertería no embrión dun parlamento panirlandés.

Home Rule[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Acta de Goberno de Irlanda.

O establecemento do Home Rule foi pensado para proporcionar unha solución ao problema que molestara a política irlandesa dende a década de 1880, as demandas establecidas entre unionistas e nacionalistas irlandeses. Estes últimos desexaban poder gobernar sen necesidade dun ditame de Londres e do Palacio de Westminster, á vez que os unionistas temían que un goberno nacionalista establecido a Dublín discriminaría os protestantes e imporía elevadas taxas aos condados industriais da illa, dominados esencialmente por anglicanos e presbiterianos.

Os unionistas, ante esta ameaza nacionalista, importaron armas dende o Imperio Alemán e crearon o Corpo de Voluntarios do Ulster para previr a imposición alí do "Home Rule". En resposta a este armamento os nacionalistas crearon o corpo de Voluntarios Irlandeses. A partición de Irlanda foi pensada como solución temporal ao problema, permitindo a Irlanda do Norte e Irlanda do Sur un goberno por separado como rexións do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.

Historia[editar | editar a fonte]

Eleccións xerais de 1921[editar | editar a fonte]

En realidade mentres que Irlanda do Norte converteuse nunha entidade plenamente funcional, cun parlamento e un executivo que existiron até que se prorrogaron en 1972, Irlanda do Sur nunca foi unha realidade. O parlamento previsto foi boicoteado polos parlamentarios do Sinn Féin, que en 1918 instituíran un parlamento paralelo á marxe da Lei de 1920: o Dáil Éireann ou Asemblea de Irlanda. En 1921, na votación para a constitución do Parlamento de Irlanda do Sur, o Sinn Féin conseguiu 124 dos 128 escanos do parlamento. En xuño de 1921, cando oficialmente empezaban as sesións do parlamento, só se presentaron os catro representantes que conseguiron os unionistas e algúns senadores designados dende Londres. Por tanto, o parlamento desta rexión nunca se constituíu formalmente.

O estado de Irlanda do Sur, ao contrario que o do Norte, nunca tivo unha existencia autónoma, e a súa soberanía nunca pasou do papel escrito. Acabou sendo eclipsado pola República Irlandesa entre 1919-1922, que tiña un apoio social maioritario e, máis tarde, confirmaríase a súa desaparición coa creación do Estado Libre Irlandés.

Tratado angloirlandés[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Tratado angloirlandés.

Segundo o dereito británico o Dáil Éireann non tiña ningunha existencia legal ou constitucional. O parlamento irlandés válido seguía sendo a Cámara dos Comúns de Irlanda do Sur. Con todo, segundo os republicanos, o Dáil era o parlamento lexítimo da República de Irlanda. Consecuentemente o tratado angloirlandés, asinado polos representantes dos gobernos británicos e irlandeses no ano 1921, foi sometido a ambas as asembleas que realmente eran ocupadas polos mesmos membros (a pesar de que os membros do Sinn Féin non formaban parte da Cámara dos Comúns e os unionistas do Dáil Éireann por decisión propia). En decembro de 1921 o Dáil ratificou o tratado e en xaneiro de 1922 fixóo a Cámara dos Comúns irlandesa.

O Estado Libre Irlandés[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estado Libre Irlandés.

Finalmente os dous parlamentos uniron os seus poderes, e Michael Collins foi escollido en xaneiro de 1922 Presidente do Goberno Provisional Irlandés, sendo Arthur Griffith nomeado presidente do Dáil Éireann. Coa morte de Griffit e o asasinato de Collins en agosto do mesmo ano, William T. Cosgrave pasou liderar de forma interina o Goberno Provisional, conseguindo a sinatura da Constitución de 1922, que creou en decembro daquel ano o Estado Libre Irlandés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]