Lord Tenente de Irlanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estandarte oficial do Lord Tenente de Irlanda.

O Lord Tenente de Irlanda (plural: Lores Tenentes, en inglés Lord Lieutenant of Ireland), tamén coñecidos como xusticiar nos comezos do periodo medieval e como o lord deputado na parte final do século XVII, foi o representante do rei e o xefe do goberno executivo irlandés durante o Señorío de Irlanda (11711541), o Reino de Irlanda (15421801) e o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (18011922). Aínda cando encabezaba o executivo dunha Irlanda teóricamente independente dentro do Reino Unido, o xusticiar, lord deputado ou lord tenente actuaba como axente e representante do rei ou raíña de Inglaterra (ata 1707) ou rei ou raíña de Gran Bretaña (17071800), e nunca rendeu contas ante o parlamento irlandés ou ante o pobo.

O oficio, baixo os seus variados nomes, foi de cotío xeralmente coñecido como virrei, do castelán vice rey (a voz en inglés, viceroy, é un préstamo do francés viceroy, á súa vez tomado do castelán virrey, xa que foron os reis de Aragón os primeiros en empregar virreis, en Nápoles e Sicilia) ou "subordinado do rei" (king-deputy), cuxo consorte é coñecida como virraíña.

Aínda que os primeiros lores deputados foron nobles irlandeses da Idade Media, coa curiosa excepción de que, só nobles ingleses ou británicos foron designados para o oficio.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Bibliografía [editar]

  • Joseph Robins, Champagne y Silver Buckles: La Corte Virreinal y el Castillo de Dublín 1700-1922 (Prensa de Lillyput, 2001) ISBN 1-901866-58-0