Copa do Rei de Rugby 2013-2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Copa do Rei
2012-2013 << 2013-2014 >> 2014-2015
OrganizadorF.E.R.
Edición81ª
Equipos8
CampiónCastela e León Valladolid RAC
FinalistaCantabria Independiente RC

Na tempada 2013-2014 disputouse a 81ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., acadaron o dereito a competir no torneo os oito equipos que ocuparon os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga regular.

Na final, xogada no Estadio Nueva Balastera de Palencia o 27 de abril de 2014, o VRAC Quesos Entrepinares de Valladolid acadou o seu terceiro título copeiro derrotando por 40 a 18 ó Bathco Independiente de Santander, equipo que disputaba a primeira final da súa historia.

Formato[editar | editar a fonte]

O formato do torneo contou con 3 fases eliminatorias:

  • Cuartos de final: Un único encontro xogado no campo do equipo mellor situado na liga. Os enfrontamentos foron 1º vs 8º, 2º vs 7º, 3º vs 6º, 4º vs 5º.
  • Semifinais: Por sorteo puro, disputáronse a ida e volta.
  • Final: Un único encontro xogado nun campo elixido pola Federación Española de Rugby.

Participantes[editar | editar a fonte]

Os oito equipos participantes saíron do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaron o dereito a participar na Copa do Rei os oito primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta.

Así quedou a táboa da liga trala primeira volta (os oito equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul):[1]

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP P+ P- Bonus
1º. Cantabria Independiente 41 11 9 0 2 281 201 5
2º. Castela e León VRAC 41 11 8 0 3 307 209 9
3º. Castela e León El Salvador 39 11 8 0 3 305 199 7
4º. Comunidade de Madrid At.Madrid 38 11 8 0 3 300 236 6
5º. Ordizia 34 11 7 0 4 266 215 6
6º. Comunidade de Madrid Cisneros 31 11 6 0 5 264 283 7
7º. Getxo 30 11 6 0 5 264 226 6
8º. Gernika 24 11 4 0 7 292 280 8
9º. Hernani 20 11 4 0 7 227 308 4
10º. Galicia Vigo 18 11 3 0 8 239 320 6
11º. Cataluña Santboiana 15 11 2 0 9 188 328 7
12º. Andalucía Ciencias 11 11 1 0 10 192 323 7

Torneo[editar | editar a fonte]

  • Cuartos de final: Encontro único (11/12 de xaneiro de 2014)
    • Independiente 22-13 Gernika
    • El Salvador 21-26 Cisneros
    • At.Madrid 13-18 Ordizia
    • VRAC 37-26 Getxo
  • Semifinais: Encontros de ida e volta (19 de xaneiro e 2 de marzo de 2014)
    • Cisneros 13-19 Independiente
    • Ordizia 17-16 VRAC
    • Independiente 18-18 Cisneros
    • VRAC 26-21 Ordizia
  • Final: Encontro único (27 de abril de 2014)
    • VRAC 40-18 Independiente[2]
Cadro da competición
  Cuartos de final Semifinais Final
                         
 Cantabria Independiente 22  
  Gernika 13  
   Cantabria Independiente 19 18  
   Comunidade de Madrid Cisneros 13 18  
 Castela e León El Salvador 21  
 Comunidade de Madrid Cisneros 26  
    Cantabria Independiente 18
    Castela e León VRAC 40
 Comunidade de Madrid At.Madrid 13  
  Ordizia 18  
    Ordizia 17 21
   Castela e León VRAC 16 26  
 Castela e León VRAC 37
  Getxo 26  

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]