Indalecio Tizón Reboreda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIndalecio Tizón Reboreda
Biografía
Nacemento26 de xullo de 1893 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de outubro de 1973 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaparellador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosIndalecio Tizón Covelo Editar o valor em Wikidata

Indalecio Tizón Reboreda, nado no lugar da Riouxa en Teis (Concello de Lavadores) o 26 de xullo de 1893 e finado en Teis (Vigo) o 9 de outubro de 1973[1], foi un aparellador e agrarista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Indalecio Tizón Rodríguez e Amalia Reboreda Vázquez. Titulado como perito industrial e aparellador pola Escola Industrial de Vigo en 1920. Foi redactor de Faro de Vigo en 1913. Empezou a súa actividade como funcionario de escribente do Concello de Lavadores en 1915 e en xaneiro de 1924 foi secretario particular do alcalde de Vigo Adolfo Gregorio Espino. Desempeñou o cargo de secretario nas Irmandades da Fala de Vigo. Foi encargado da sección de acción social e logo presidente do Sindicato de Agricultores de Teis (1923), redactor de El Pueblo Gallego, colaborou en El Campesino e Galicia Social. Aprobou as oposicións en 1929 e foi secretario do concello de Navas de Estena (Cidade Real), Cabrera de Igualada (Barcelona) e Villavendimio (Zamora). Participou con José Martínez Covelo en mitins agraristas en 1932. Presentouse ás eleccións xerais de 1933 na candidatura agraria independente do Sindicato de Agricultores de Teis.[2] Foi secretario do concello de Teis no breve período da súa existencia en 1936.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu expediente de depuración, que foi sobresido. Oficial do concello de Vigo, chegou a oficial maior en 1950. Foi xefe do servizo de montes dende 1957, sendo quen repoboou as illas Cíes e plantou os piñeiros na praia de Samil. En 1952 foi nomeado secretario de San Cristóbal de la Polantera (León).[3] Xubilouse o 1 de agosto de 1963. Asemade foi profesor da cátedra de Agricultura e Técnica Agrícola na Escola de Artes e Oficios (1945-1966) e aparellador de varios concellos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou o 5 de agosto de 1920, na Igrexa de San Salvador de Teis, con María Covelo Raimúndez e foi pai de Indalecio, Amalia, María Teresa e Margarita Tizón Covelo. Ao pasamento da súa muller, o 31 de agosto de 1929, casou en segundas nupcias, en 1931, con Hermitas Raimúndez Pérez e foi pai de Hermitas Tizón Raimúndez.

Era sobriño neto do capitán de infantaría Wenceslao Tizón Mateos e curmán carnal de Victoriano Ballesteros Reboreda.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi condecorado coa Cruz de cabaleiro da Orde civil do mérito agrícola en 1959.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en Faro de Vigo, 10-10-1973, p. 30.
  2. El Pueblo Gallego, 18-11-1933, p. 12.
  3. Boletín Oficial de la Provincia de Santander, 6-8-1952, p. 3.
  4. ABC, 1-4-1959, p. 34.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • González Martín, Gerardo (20-12-1997). "Indalecio Tizón, artífice de la repoblación forestal y secretario de varios alcaldes". Faro de Vigo: 10.