Victoriano Ballesteros Reboreda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVictoriano Ballesteros Reboreda
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1894 Editar o valor em Wikidata
Chapela, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de agosto de 1960 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Victoriano Ballesteros Reboreda, nado en Chapela (Redondela) o 20 de marzo de 1894 e finado en Vigo o 8 de agosto de 1960, foi un político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi concelleiro de Vigo e vogal da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Promotor dos sindicatos católicos e doutras organizacións na órbita da Igrexa católica. Dirixiu o semanario Galicia Social dende 1922, foi correspondente da axencia Logos e colaborou con Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, Ya e Hoja del Lunes. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 deu "charlas patrióticas en Radio Vigo. Finou en Vigo o 8 de agosto de 1960 aos 65 anos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hoja Oficial del Lunes, 15-8-1960, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 81–82. ISBN 978-84-8457-448-4.