El Campesino (1929)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Campesino
Lingualingua castelá
LocalidadeLavadores
editar datos en Wikidata ]

El Campesino foi un periódico publicado en Lavadores entre 1929 e 1932.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano del Sindicato de Agricultores de Teis, apareceu o 1 de xaneiro de 1929. Cambiou despois o seu subtítulo por Periódico quincenal agrario. Estaba dirixido por Constante Lorenzo Melón e o seu administrador era José Martínez Covelo. Entre os seus colaboradores figuraron Indalecio Tizón Reboreda, Manuel Gama Casalderrey, Manuel García Gómez, Leopoldo Varela Maristany, Joaquín Poza Juncal, Celso Núñez, Valentín Paz-Andrade, Roberto Blanco Torres, Juan Andrade Domínguez, Jaime Vera, Eduardo Torralba Beci e Jacinto Crespo. Estaba controlado pola facción do Sindicato próxima ao socialismo. Foi suspendido por orde do Gobernador militar a principios de xaneiro de 1931 por supostos ataques á relixión e desobedecer a censura.[1][2] Volveu aparecer e aínda se publicaba en febreiro de 1932.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 7-1-1931, p. 8.
  2. La Libertad, 8-1-1931, p. 6.
  3. El Pueblo Gallego, 25-2-1931, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]