Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
In Utero é o terceiro e derradeiro álbum de estudio da banda estadounidense de grunge Nirvana, editado o 13 de setembro de 1993 a través do selo DGC Records. Nirvana procurou que o disco fose significativamente distinto á pulida produción do seu anterior traballo, Nevermind. Para conseguir un son máis abrasivo e natural a banda contratou ao produtor Steve Albini para gravar In Utero.
Despois do seu lanzamento In Utero no número 1 da lista Billboard 200 recibindo moi boas críticas polo seu distanciamento con respecto a Nevermind. O disco foi certificado platino cinco veces pola RIAA e vendeu uns catro millóns de copias só nos Estados Unidos. O traballo foi elixido quinto mellor álbum do ano 1993 pola publicación Alternative Press[1] e sétimo por Kerrang![2]. Tamén entrou na lista dos 40 mellores álbums do ano para os críticos de Melody Maker, que o situaron no número 26[3].
Listaxe de cancións [editar]
Todos os temas compostos por Kurt Cobain agás onde se indique.
- "Serve the Servants" – 3:36
- "Scentless Apprentice" (Cobain, Dave Grohl, Krist Novoselic) – 3:48
- "Heart-Shaped Box" – 4:41
- "Rape Me" – 2:50
- "Frances Farmer Will Have Her Revenge on Seattle" – 4:09
- "Dumb" – 2:32
- "Very Ape" – 1:56
- "Milk It" – 3:55
- "Pennyroyal Tea" – 3:37
- "Radio Friendly Unit Shifter" – 4:51
- "tourette's" – 1:35
- "All Apologies" – 3:51
|
|
|
|
|
|
| Álbums de estudio |
|
|
| Álbums en vivo |
|
|
| EPs |
|
|
| Videos |
|
|
| Recompilatorios |
|
|
| Box sets |
|
|
| Sinxelos |
|
|