Sliver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Sliver"
sinxelo de Nirvana
Lanzamento setembro de 1990
Formato {{{formato}}}
Gravada
Xénero musical grunge
Duración 2:14
Discográfica Sub Pop
Produtor(es) Jack Endino
Escritor(es)
Cronoloxía
"Blew" "Sliver" "Candy"/ "Molly's Lips"
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Sliver" é unha canción da banda estadounidense de grunge Nirvana, editada como sinxelo polo selo Sub Pop en setembro de 1990. DGC re-editou o tema para promocionar na radio o lanzamento de Incesticide en 1992.

No sinxelo de 1992 "In Bloom" aparece unha interpretación ao vivo do tema, outro directo sae no video de 1994 Live! Tonight! Sold Out!!, e unha terceira actuación está incluída no álbum ao vivo From the Muddy Banks of the Wishkah de 1996. "Sliver" tamén aparece no su recompilatorio de grandes éxitos Nirvana, editado no ano 2002. Unha primeira versión acústica está no box set do 2004 With the Lights Out e en Sliver: The Best of the Box de 2005. No video Live at Reading do 2009 tamén aparece interpretada ao vivo.

Video musical[editar | editar a fonte]

Realizouse un videoclip para "Sliver" como promoción do Incesticide en marzo de 1993. Dirixido por Kevin Kerslake, o video comeza coa filla de Kurt Cobain Frances Bean Cobain (que era un bebé daquela) bailando coa liña de baixo que abre o tema, e coa banda nun pequeno cuarto estreito e escuro tocando os seus instrumentos. Kurt canta cara a cámara e os seus movementos cambian coa música, con Krist Novoselic e Dave Grohl no fondo da habitación. Entre as tomas hai escenas do bebé cun xoguete Chim-Chim (personaxe da serie Speed Racer) que lle regalara a banda xaponesa Shonen Knife. O video remata con Krist Novoselic destrozando obxectos do cuarto.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Sliver" (Cobain, Novoselic)
  2. "Dive" (Cobain, Novoselic)
  3. "About a Girl" (live February 9, 1990 at the Pine Street Theatre, Portland, OR) [on 12" and CD versions only] (a remix by Jack Endino is a bonus track on 2009 re-release of Bleach)
  4. "Spank Thru" (live February 9, 1990 at the Pine Street Theatre, Portland, OR) [on CD versions only] (a remix by Jack Endino is a bonus track on 2009 re-release of Bleach)