Illa de Mangaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mangaia»)
Mangaia
Vista da illa
Datos
Capital Oneroa
País Illas Cook
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2006) 654 habitantes
Superficie 51,8 km²
Densidade
Coordenadas 21°54′S 157°58′O / -21.900, -157.967
Maior Altura 169 m (monte Rangi-motia)
Localización
Localización

Mangaia (API : /Maŋaia/) é a illa máis meridional do arquipélago das Illas Cook.

Atópase a 175 km ao sueste de Rarotonga. Cunha superficie de 51,8 km² é a segunda illa máis grande logo de Rarotonga. Considérase a illa volcánica máis antiga do Pacífico, con rocas de 19 millóns de anos de antigüidade. Está rodeada por un anel de arrecifes de coral fosilizados, que chega aos 60 metros de altitude, separando o interior da costa. A altitude máxima da illa é o monte Rangimotia con 169 metros sobre o nivel do mar.

A poboación total en 2001 era de 744 habitantes. A cidade principal é Oneroa. A actividade económica máis importante da illa son as plantacións de vainilla e papaia.

O antigo nome de Mangaia era Au'au que demostra a gran cantidade de Hibiscus da variedade hibiscus tiliaceus que existían na illa. O nome antigo foi recuperado para nomear ao aeroporto Mangaia-Auau. O primeiro europeo en chegar a Mangaia foi o mariño inglés James Cook, en 1777.