Atol Orona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orona
Atol Orona
Datos
País Quiribati - Kiribati
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 3´9 km²
Superficie lagoa 25 km²
Nº de illas
Coordenadas 4°30′S 172°10′W / 4.500°S 172.167°W / -4.500; -172.167
Maior Altura 9 m.
Localización
Localización do atol Orona

O Atol Orona, tamén coñecido como a Illa Hull, é un atol do grupo de illas Fénix, pertencentes á República de Kiribati. Mide aproximadamente 8,8 km por 4 km, e como Kanton, é unha estreita cinta de terra ao redor dunha importante lagoa con profundidades de 15-20 metros. Numerosas pasaxes conectan a lagoa co océano, só un par deles admiten un pequeno barco. A superficie total é de 3,9 quilómetros cadrados, e a altitude máxima é de nove metros. Foi unha das illas involucradas no plan de colonización británica denominado Proxecto de Colonización das Illas Fénix en 1938.

Aínda que ocupado en diversas ocasións no pasado, incluíndo unha data tan tardía como 2004, hoxe está deshabitada.

Historia[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que Manra, Orona contén probas prehistóricas da Polinesia habitada. Unha antiga pedra marae está no extremo oriental da illa, xunto coas ruínas dos refuxios, as tumbas e doutras plataformas.

Ninguén está seguro de quen descubriu Orona ou cando, pero a historia mostra que se chama "Illa de Hull", en honra do Comodoro Isaac Hull, bautizada así polo Comandante Charles Wilkes do USS Vincennes cando visitou a illa o 26 de agosto de 1840. Seguiu sendo coñecida con este nome ata que a República de Kiribati acadou a independencia en 1979, cando o seu nome cambiouse polo de I-Kiribati Onora.

Os residentes foron evacuados en 1963, debido á persistencia da seca e a diminución do mercado de copra.

As reclamacións sobre a illa de británicos e americanos remataron en 1979 coa independencia de Kiribati de Gran Bretaña e a firma do Tratado de Tarawa polos Estados Unidos.

A illa volveuse a ocupar brevemente entre 2001 e 2004 por ocupas das Illas Gilbert co apoio dunha lancha patrulleira da Armada de Kiribati.

Orona, xunto co resto das Illas Phoenix, foi proclamado en 2008 a ser parte da Zona Protexida das Illas Fénix, a máis grande do mundo, das zonas mariñas protexidas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]