Estreito de Nova Xeorxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do estreito de Nova Xeorxia nas Illas Salomón.
Afundimentos de buques de guerra fronte á illa de Guadalcanal durante os enfrontamentos da Segunda Guerra Mundial.

O Estreito de Nova Xeorxia é a canle de auga que pasa aproximadamente partindo lonxitudinalmente o arquipélago das Illas Salomón en dous partes. O estreito está bordeado polas illas Choiseul, Santa Isabel e Florida polo norte e Vella Lavella, Kolombangara, Nova Xeorxia e as Illas Russell polo sur. As illas de Boungaiville e Guadalcanal definen o estreito polo oeste e leste respectivamente.

A volcánica Illa de Savo é o único accidente xeográfico digno de mención no estreito.

Durante a Segunda Guerra Mundial o estreito foi coñecido polos aliados como the Slot, a ranura, debido á súa forma xeográfica e ao elevado tráfico de buques de guerra. Os constantes envíos de tropas e material por parte de Xapón recibiu o nome de Tokio Espress. Entre 1942 e 1943 producíronse numerosas batallas marítimas no estreito entre a Armada dos Estados Unidos, a Real Armada Australiana e a Real Armada de Nova Celandia, e a Armada Imperial Xaponesa.