Illa Sur, Nova Zelandia
| Illa Sur, Nova Zelandia | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Christchurch |
| País | Nova Zelandia |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | 1.027.500 hab. |
| Superficie | 151.215 km² |
| Densidade | 6´8 hab/km² |
| Coordenadas | 43°59′S 170°27′E / 43.983°S 170.45°E |
| Maior Altura | 3.754 m. Monte Cook |
| Localización | |
A Illa Sur é a maior das dúas principais illas de Nova Zelandia. Atópase separada da Illa Norte polo Estreito de Cook. O nome maorí para esta illa é Te Wai Pounamu.
Índice |
Xeografía [editar]
Limita ao norte co Estreito de Cook, ao oeste co Mar de Tasmania, ao sur e ao leste co Océano Pacífico. Ten unha área de 151.215 km², ocupando o posto número 12 dentro das maiores illas do mundo. Atravésaa en dirección nordés a suroeste unha cadea montañosa chamada Alpes Meridionais, sendo o Monte Cook o seu pico máis alto con 3.754 metros. Hai dezaoito picos de máis de 3.000 metros. No lado este de a illa están as chairas de Canterbury, mentres que o a costa oeste é famosa polas súas costas escarpadas, grandes bosques, e os glaciares Fox e Franz Josef. A espectacular paisaxe da Illa Sur converteuse nun lugar popular para a produción de varias películas, incluíndo a triloxía Triloxía do Señor dos Aneis e a as Crónicas de Narnia: o león, a bruxa e o armario . Está influenciada por un clima tépedo.
A Illa Sur é ás veces chamada o "continente". A pesar de que ten unha masa 33% maior que a Illa Norte, só o 24% dos 4´4 millóns de habitantes de Nova Zelandia vive na Illa Sur. Nas primeiras etapas dos asentamentos europeos (Pākehā) no país, a illa sur tiña a maioría da poboación europea e da riqueza debido á febre do ouro da década de 1860. A poboación da Illa Norte superou á do Sur no século 20, co 56% da poboación vivindo no Norte en 1911, e a deriva das persoas e empresas ó norte continuou ao longo do século.
Provincias históricas da Illa Sur [editar]
Cidades [editar]
Entre as cidades que se atopan nesta illa están as seguintes:
