Ibn Said al-Maghribi
| Alī ibn Mūsà ibn Sa'īd al-Magribī | |
|---|---|
| Extracto do capítulo sobre Villena de Al-Mugrib fī ḥulā al-Magrib, no que se fala sobre o poeta Hasan Rashid. | |
| Nacemento: | 1213 Alcalá la Real |
| Falecemento: | 1275 ou 1286 Tunes ou Alepo |
| Lingua: | Árabe |
| Xénero(s): | Poesía, xeografía, historia |
Alī ibn Mūsà ibn Sa'īd al-Magribī (علي بن موسى بن سعيد المغربي),[1] nado en Alcalá la Real[2][3][4] en 1213 en finado en Tunes ou Alepo en 1275 ou 1286, foi un historiador, xeógrafo e compilador de poesía que viviu en al-Ándalus. Sufriu o exilio andalusí, polo que creceu en Marrakech, aínda que estudou en Sevilla. Ao longo da súa vida residiu ademais en Tunes, Alexandría, O Cairo, Xerusalén e Alepo, entre outras cidades.
É autor de dúas célebres antoloxías biográficas de poetas de al-Ándalus e o Magreb Al-Mugrib fī ḥulā al-Magrib (O extraordinario sobre as xoias de Occidente) e Kitāb rāyāt al-mubarrizīn wa-gāyāt al-mumayyizīn (Libro das bandeiras dos campións).[5] Este libro evidencia o importante que era a poesía amorosa na educación andalusí, e recolle un dos poucos restos históricos de amor entre homes da época. Este tipo de poesía tivo unha gran influencia nas ideas da cabalería da Europa medieval, aínda que a cabalería europea estaba estritamente limitada no amor entre homes e mulleres.
En 1250 publicou Kitāb al-Jugrāfīyā (Libro da Xeografía) no que integra as experiencias das súas viaxes por todo o mundo islámico e as costas do Océano Índico. Ibn Sa'īd tamén visitou Armenia e estivo na corte de Hulagu entre 1256 e 1265.
Índice |
Obras [editar]
- Kitāb rāyāt al-mubarrizīn wa-gāyāt al-mumayyizīn, 'O libro das bandeiras dos campións'. (1242)
- Al-Mugrib fī ḥulā al-Magrib, 'O extraordinario sobre as xoias de Occidente'. (arredor de 1240)
- Kitāb al-Jugrāfīyā, 'Libro da Xeografía'. (1250)
Notas [editar]
- ↑ Fernandes, Maria Alice; Abdallah Khawli e Luís Fraga da Silva (2006). A viagem de Ibn Ammâr de São Brás a Silves. Associação Campo Arqueológico de Tavira. http://arkeotavira.com/Estudos/texto-ibn-ammar-finalR.pdf.
- ↑ Biografía de Ibn Said al-Maghribi, en Poetas Andaluces (en castelán)
- ↑ Biografía de Ibn Said al-Maghribi (en inglés)
- ↑ Itinerario cultural de Almorávides y Almohades: Magreb y Península Ibérica. Associação Campo Arqueológico de Tavira. Fundación El legado andalusì. 1999. http://books.google.com/books?id=Hr7y7X68vOwC&lpg=PA302&ots=I8mi05SL_w&dq=ibn%20said%20al%20magribi%20Alcal%C3%A1%20la%20Real&hl=es&pg=PA302#v=onepage&q=ibn%20said%20al%20magribi%20Alcal%C3%A1%20la%20Real&f=false.
- ↑ "Ibn Said: Book of the Maghrib, 13th Century [Ibn Said: Libro del Magreb, siglo XIII"]. Internet Medieval Source Book. Fordham University Center for Medieval Studies. http://www.fordham.edu/halsall/source/maghrib.html. Consultado o 16-12-2007.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Cano Ávila, P.; A. Tawfiq; M. Comés (2007). "[1067] Ibn Sa‘īd al-‘Ansī, Abū l-Ḥasan". Biblioteca de al-Andalus. 5 BA. Fundación Ibn Tufayl. Jorge Lirola Delgado. pp. 137-66. ISBN 978-84-934026-5-5.
- Crompton, Louis. Homosexuality and Civilization. ISBN 978-0674011977.
- García Gómez (1978). El libro de las Banderas de los Campeones de Ibn Saᶜīd al- Magribī. Antología de poemas arábigoandaluces, editada por primeira vez e traducida con introdución, notas e índice (2ª ed.). Seix Barral. ISBN 13: 9788432238406.
- Kropp, M. (1980). Ali Ibn Musa Ibn Said al-Magribi und sein Werk al-Gusun al-yaniafi mahasin su ara al-miça as-sabia. 57. Islam (Der). pp. 68-96.