Ian Gillan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ian Gillan
Deep Purple - MN Gredos - 02.jpg
Ian Gillan en 2013
Naceu 19 de agosto de 1945, Hounslow, Flag of England (bordered).svg Inglaterra
Ocupación (s) Músico, compositor
Xénero Hard rock, blues-rock, progressive rock, heavy metal, jazz fusion
Instrumento(s) Cantante
Relacionado con Episode Six, Deep Purple, Ian Gillan Band, Gillan, Black Sabbath, Gillan & Glover
Tempo en activo 1959-presente
Web http://www.gillan.com/


Ian Gillan (2003)

Ian Gillan, nado o 19 de agosto de 1945 en Hounslow, Londres, é coñecido por ser o cantante da lendaria banda de hard rock británica Deep Purple.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1970 interpretou o papel de Jesús de Nazaret no disco conceptual orixinal da ópera rock Jesucristo Superstar. Foi tamén, aínda que de xeito moi breve, vocalista de Black Sabbath, outra das grandes bandas do hard rock clásico.

Ian Gillan é considerado un dos cantantes de rock máis destacados e influentes da historia do xénero, pois posuía nos seus inicios un rango de voz moi extenso, no cal movíase sen aparente esforzo, e con moita precisión nos rexistros máis altos. O tema "Child in Time" de Deep Purple, e os seus famosos duelo voz/guitarra xunto a Ritchie Blackmore, son algunhas das mostras máis significativas e sorprendentes diso.

Grazas ás súas contribucións e transcendencia, Gillan é tido como un dos principais xestores do estilo de canto do Hard Rock, e do que a longo prazo sería o do Heavy Metal, e é citado como fonte de inspiración por cantantes como Bruce Dickinson (Iron Maiden), Rob Halford (Judas Priest), James LaBrie (Dream Theater), Sebastian Bach (ex Skid Row), Joe Elliott (Def Leppard) e Andi Deris (Helloween).