IPV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°20′39″N 7°11′32″W / 43.344187°N 7.19229°W / 43.344187; -7.19229

IPV
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1965
Localización Avda. de Villaodrid, SN 27720 A Pontenova, Lugo Galicia Galiza
Produtos Camións 4x4
Páxina web ipvsa.biz
IPV grua.jpg
IPV grua 2.jpg

IPV (Investigación y Proyectos de Vehículos Especiales SA) é unha marca galega de camións 4x4 con sede na Pontenova, provincia de Lugo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa compañía matriz, Mafsa (Miranda, Alonso y Fernadez), comezou no 1965 coma un consorcio de tres talleres de automoción que estiveran durante anos arranxando pequenos camións 4x4 lixeiros italianos herdados da Guerra Civil Española, e incorporándolles motores diésel.

O primeiro modelo Mafsa foi un camión de eixo estreito equipados con motores Barreiros ou Perkins. Estaban especificamente deseñados para a industria madeireira galega e foron alcumados carroceta.

Coma Mafsa non tiña distribuidores, as carrocetas vendíanse só na fábrica. Porén o éxito permitiulle a Mafsa expandirse cara camións 4x4 multiúsos, que estaban moi demandados daquela para usos contra o lume e na construción. Foi daquela cando estableceron unha rede de distribuidores e se consolidaron coma marca, que no 1972 foi renomeada IPV.

A gama IPV medrou ata os vehículos de 270cv e 24 toneladas, namentres que os motores OEM foron substuídos por motores MAN . Tamén as cabinas foron redeseñadas e modernizadas. Tamén concibiron algúns modelos especiais coma un camión bimodal estrada-camiño de ferro e un tractor de peirao para empurrar por semi-trailers.

IPV presentou suspensión de pagos en agosto de 2006, se ben en momento ningún parou a súa produción. A empresa pechou en febreiro de 2013[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]