Santana Motor
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
|
Land Rover Santana, 1988. |
|
| Tipo | Sociedade Anónima |
|---|---|
| Fundación | 1956 |
| Localización | Linares, Jaén |
| Industria | Motor |
| Produtos | 4x4 |
| Número de empregados | 1.152 |
| Páxina web | santana-motor.es |
| Notas: Quebrada en 2011, en liquidación. | |
Santana Motor S.A. foi unha fábrica de automóbiles situada en Linares (Jaén). Trátase da única empresa do sector 100% con capital español.
Índice |
Historia [editar]
Orixinalmente creouse en 1956 como a Metalúrgica de Santa Ana para fabricar maquinaria agrícola, pero en 1961 comezou a fabricar baixo licenza os automóbiles todoterreo Land Rover. Fabricou diversos modelos do mesmo, que tiveron una enorme popularidade entre os agricultores e gandeiros españois, en 1983 Land Rover, debido a problemas económicos, cancelou a súa participación en Santana Motor, polo que a empresa comezou a comercializar versións do Land Rover baixo a marca Santana, como foi o Santana 2500, todoterreo bastante popular en toda a xeografía española durante os anos 80.
A chegada ao mercado de novos modelos de todoterreno e unha certa obsolescencia tecnolóxica levou a Santana a buscar alianzas internacionais, que atopou en 1985 na marca xaponesa Suzuki; dentro do acordo coa mesma fabricáronse modelos tales como o Samurai, Vitara e Jimny.
No ano 2003, Santana desenvolveu un modelo de todoterreo propio, o Santana Aníbal, basado nos antigos Land Rover, que actualmente e subministrado a exércitos como o español, o checo e o francés como vehículo todoterreo lixeiro.
Durante 2005, Santana presenta oficialmente os modelos 300 e 350, vehículos todoterreo baseados no Suzuki Vitara, que se deixou de fabricar nas instalacións da multinacional xienense ese mesmo ano. O deseño frontal e traseiro correu a cargo do deseñador italiano Giugiaro.
2006 marcaría o primeiro ano de relación entre este fabricante español e a multinacional italiana Iveco (Fiat). Dito ano alcanzouse un acordo de colaboración para fabricar modelos en Linares coa marca e distribución de Iveco, modelo que saíu da cadea de montaxe en 2008 para ser comercializado en todo o mundo. O acordo tamén daba a posibilidade a Iveco de comprar Santana Motor ata 2010.
O primeiro modelo da relación Iveco-Santana foi o Massif, un todoterreo derivado do antigo Santana Anibal. Mais tarde lanzaríase o segundo modelo, denominado Campagnola (en honor ao mítico Fiat Campagnola), e que non e mais que un Massif en versión corta de 3 portas.
O 14 de setembro de 2009 finaliza a produción do Suzuki Jimny, dando tamén por acabada a histórica alianza co grupo xaponés Suzuki. O último acordo entre as dúas multinacionais daba a Santana Motor a posibilidade de fabricar o modelo Jimny baixo marca propia, tras cederlle o xigante xaponés a plataforma de dito modelo.
Modelos en Fabricación [editar]
- Santana 300/350
- Santana Aníbal (versión Militar)
- Iveco Massif
- Iveco Campagnola
Acordos con outras empresas [editar]
En febreiro de 2005, Santana Motor S.A e a Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles (CAF) chegaron a un acordo para fabricar na factoría liñarense vagóns de trens lixeiros metropolitanos, coñecidos popularmente como metros. Actualmente encargase da fabricación de unidades para o metro de Sevilla, que aínda ten en construción a maioría das súas liñas, tendo entregado Santana a primeira das dezasete unidades contratadas o mes de Xullo de 2006.
En outubro de 2005 Santana Motor constitúe con Gamesa unha sociedade localizada en Linares que fabrica compoñentes para a montaxe de equipos de enerxía renovables, concretamente torres de aeroxeradores eólicos.
A partir de 2005, Santana Motor iniciou o seu proceso de diversificación, selando a primeira alianza cunha multinacional líder no seu sector, a que seguiron novos acordos con empresas do sector do transporte, do eólico o da enerxía solar.
Gamesa / Daniel Alonso [editar]
Santana Motor e Gamesa acordaron en outubro de 2005 a posta en marcha dun proxecto industrial conxunto para a fabricación de compoñentes de equipos de enerxías renovables nas instalacións da factoría linarense. Para iso, as dúas firmas constituíron unha nova sociedade participada, Aemsa Santana, na que Gamesa e o socio maioritario co 70% e Santana Motor participa co 30% restante.
Posteriormente, en Xuño de 2007, o Grupo Daniel Alonso acordou con Gamesa a posta en marcha dun proxecto industrial conxunto para a fabricación de torres eólicas en varios centros produtivos en España, entre os que se atopa o de Linares. Este acordo supuxo a constitución dunha sociedade denominada Windar, da que forma parte Aemsa-Santana.
A nova sociedade, Windar, construíu en Linares unha planta cunha superficie total de 10.000 metros cadrados, que se utilizan para o montaxe de tramos de torres para aeroxeradores de última xeración de Gamesa. Este centro produtivo ten unha capacidade de 800 tramos de torre/ano, xa emprega a mais de un centenar de traballadores e chegará a 120 cando a planta se atope a pleno rendemento, cun investimento aproximado de 4 millóns de euros.
A presenza de Gamesa e Grupo Daniel Alonso no complexo industrial liñarense supón un gran impulso para Santana Motor, non só para manter a actividade industrial que tiña ata agora, senón para abrir unha nova liña de produción que posibilite a consolidación dos niveis de emprego actuais e o futuro incremento dos mesmos. Igualmente, este acordo supón a radicación en Andalucía por primeira vez dunha gran empresa dedicada, entre outras actividades, ao deseño, fabricación e mantemento de aeroxeradores e que actualmente se atopa nunha interesante fase de expansión e internacionalización dentro dun mercado en claro auxe.
Iturri [editar]
A multinacional sevillana Iturri e a firma xienense Santana Motor acordaron no mes de xaneiro de 2007 iniciar un novo proxecto empresarial conxunto para a fabricación de vehículos industriais lixeiros contra incendios, emerxencias e catástrofes nas instalacións que a factoría liñarense ten en La Carolina. O acordo supón a constitución dunha nova sociedade participada na que Iturri e o socio maioritario co 75% e Santana Motor participa co 25%.
A nova empresa xa iniciou a súa actividade sobre unha planta de 7.000 metros cadrados de superficie, dos que 4.000 van destinados a produción e oficinas, e o resto empréganse para o almacenaxe do produto acabado ou de vehículos aínda pendentes de adaptar a outros usos específicos (contra incendios, blindados, unidades repostadoras...)
Iturri Santana, que nunha primeira fase se dedica a fabricación de vehículos sanitarios, incorporará posteriormente outro tipo de modelos industrias do sector das emerxencias, contra incendios e catástrofes. A nova planta xa comezou cunha produción de 170 unidades/ano para chegar a unha produción de 750 unidades/ano, e emprega inicialmente a unha plantilla aproximada de 20 persoas, que se espera ampliar nos próximos tres anos ata alcanzar as 150. Con esta produción pretendese atender tanto ao mercado nacional como de exportación.
O investimento requirido nesta fase inicial do proxecto rolda os 1,2 millóns de euros, co fin de poder adecuar e equipar as instalacións existentes para que sexan utilizadas na fabricación dos produtos da nova compañía.
Suzuki [editar]
Santana Motor e Suzuki Motor Corporation subscribiron no mes de marzo de 2007 un novo acordo empresarial no que se establecía unha prorroga da licenza para a fabricación do todoterreo Suzuki Jimny ata setembro de 2009.
O acordo, froito das negociacións iniciadas en Xapón en 2005 polos responsables da Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa e Santana Motor cos da compañía nipona, contempla ademais a cesión a Santana Motor, a partir de setembro de 2009 da plataforma sobre a que se fabrica o modelo Jimny para que a firma xienense poida comercializar este todoterreo coa súa marca, ao igual que ven facendo co Vitara dende 2006.
O acordo contempla tamén un contrato de suministros polo que Santana Motor se garantira os compoñentes necesarios para a fabricación do Jimny sen apenas alteración do prezo ata o ano 2012, e o compromiso de Suzuki de maximizar as vendas do modelo Jimny fabricado en Liñares cun incremento do prezo de venta do 3% para o presente ano 2007 e do 50% do IPC para os aos seguintes.
Enertol [editar]
Dende novembro de 2007 a empresa automobilística Santana Motor reforzou o seu plan de diversificación creando unha alianza coa sociedade Enertol, da que forman parte a empresa tecnolóxica israelí Ener-t e aa compañía navarra Grupo Enhol. A nova sociedade vai a fabricar compoñentes para a industria termosolar, cunha nova planta industrial no municipio xienense de La Carolina.
A planta, duns 9.000 metros cadrados, terá dúas fases, unha primeira na que se construirá unha planta piloto, e unha segunda na que se levantará a citada planta industrial. Na primeira fase, que conta cun investimento de 4 millóns de euros destinado a un centro de análises, laboratorio e cualificación de estes compoñentes, crearanse máis de 20 postos de traballo.
A segunda etapa terá un investimento superior aos 25 millóns de euros e prevé a creación de 130 postos de traballo, dos que arredor de 26 serán empregos de alta cualificación.
Ademais, Enertol prevé destinar 9,5 millóns de euros para o desenrolo de programas de I+D que terán como obxectivo estudar e analizar tecnoloxías futuras aplicables a industria termosolar.
Alstom [editar]
A multinacional francesa Alstom, unha das mais importantes do mundo no sector das infraestruturas de xeración de enerxía e transporte ferroviario, anunciou o pasado mes de outubro de 2007 s súa intención de instalar en Liñares o seu Centro de Innovación y Tecnoloxía para o desenrolo de proxectos no ámbito da sinalización e infraestruturas ferroviarias. Este Centro, que ten previsto iniciar as súas actividades durante o primeiro semestre do 2008, atoparase no Centro Tecnolóxico do Transporte Terrestre de Liñares (CETEMET) integrándose na Rede de Espazos Tecnolóxicos de Andalucía.
Este novo Centro de Innovación e Tecnoloxía de Alstom pretende ser unha plataforma tecnolóxica de excelencia para o desenrolo e innovación de tecnoloxías de última xeración no campo da sinalización, as comunicacións e as infraestruturas ferroviarias e contribuirá a mellora da seguridade destes sistemas, a obtención da máxima dispoñibilidade e fiabilidade da operación e explotación das redes ferroviarias e a sostibilidade e preservación dos centros históricos das cidades, a través de proxectos innovadores e de alta tecnoloxía como son os sistemas tranviarios sen catenaria, (APS, alimentación polo solo).
O centro contará inicialmente con 10 especialistas e técnicos de alta cualificación, que se esperan elevar a 15 a corto prazo coa incorporación de técnicos procedentes dos centros universitarios da zona. Según a empresa, dadas as expectativas de negocio e de desenrolo de novos proxectos, prevese un volume de emprego a medio prazo duns 30 técnicos cualificados.
Covasur [editar]
Santana Motor reforzou en decembro de 2007 a súa liña de diversificación no sector ferroviario coa creación dunha nova sociedade froito da súa alianza coas empresas GEA 21, CAF e o Grupo Gallardo. O novo proxecto industrial centrase na fabricación de vagóns de carga para o transporte de mercancías e denominase Compañía de Vagones del Sur (Covasur). Esta iniciativa empresarial localizou a súa sede no municipio xienense de Linares onde xa traballa na construción dunha planta nas instalacións de Santana, co obxectivo de poder iniciar a súa produción este mesmo ao.
A nova planta, que ocupará unha superficie duns 15.000 metros cadrados no interior das instalacións de Santana, estará concluída a finais de 2008, mentres que a maquinaria se instalará no primeiro trimestre do 2009. Nesta liña, está previsto que as primeiras entregas de vagóns, entre 90 y 100, sexa a finais de ese mesmo ano.
A nova empresa que vai investir inicialmente no proxecto entre 15 e 20 millóns de euros, xerará 102 novos postos de traballo.
Santana Motor e a multinacional italiana Fiat Iveco alcanzaron no mes de maio de 2006 un acordo para a comercialización conxunta dun novo todoterreo a partir do modelo Aníbal, que actualmente produce la factoría linarense.
O acordo entre ambas firmas prevía o desenrolo dun novo vehículo todoterreo 4x4 de uso profesional derivado do PS10 de Santana, coñecido como Anibal, que será fabricado pola factoría de Liñares utilizando tecnoloxías de Iveco, e que foi bautizado como Massif.
Tras un ano de traballo conxunto entre as dúas empresas no redeseño e mellora do modelo, o pasado mes de xaneiro de este mesmo ano Iveco e Santana Motor firmaron o acordo industrial para o desenrolo e produción do novo vehículo todoterreo Massif.
Iveco puxo a punto un vehículo de altas prestacións para aplicacións todoterreo profesionais, en versión civil e militar, adoptando solucións de propulsión e transmisión procedentes de tecnoloxía Iveco.
Massif estará dispoñible en versión station wagon de 3 e 5 portas, pick-up e chasis cabina, con dúas motorizacións, será lanzado ao mercado na primavera próxima e comercializarase a través da rede de distribución e ventas da multinacional italiana, unha das mais extensas do mundo con 800 concesionarios.
Cronoloxía dos modelos [editar]
| Data | Serie | Descrición | Imaxe |
|---|---|---|---|
Modelos fabricados dende 1956 en Jaén [editar] |
|||
| 1958-1962 | Santana Serie II | Land Rover serie II (88 polgadas) baixo licencia Rover. | 150px |
| 1974-1979 | Santana Serie III | Land Lover longo. | |
| 1998 | Suzuki Jimny | Suzuki/Chevrolet Samurai fabricado en Xapón e noutros países. 4x4 de 1.000 cc e 45 cavalos de potencia. | |
| 2004 - 2011 | Santana Aníbal | O Aníbal ou PS10 para o mercado de fóra, é unha versión mellorada do Santana 2500 que á súa vez proven do Land Rover. | |
| 2007–2011 | Iveco Massif | Modelo derivado do Santana Aníbal. O Aníbal foi unha versión con melloras do Santana 2500 fabricado nos anos 1980 e 1990. O Massif é unha versión station wagon de 3 e 5 portas, pick-up. | |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Web de Santana Motor (en castelán). (Ligazón morta)