Rieju

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rieju
TipoSociedade Anónima
Fundación1934
LocalizaciónBorrassà, 41 17600 Figueres Cataluña Cataluña
FundadorLuis Riera Carré e Jaime Juanola
IndustriaMotor
ProdutosMotos e bicis eléctricas
Beneficio20 millóns de euros (2017)
Número de empregados200
Na rede
http://www.rieju.es
editar datos en Wikidata ]

Rieju (acrónimo de Riera & Juanola) é unha marca de motocicletas catalá.

Historia[editar | editar a fonte]

A empresa foi fundada en 1934 como unha fábrica de accesorios de bicicletas. En 1942 comezan a fabricación de bicicletas baixo as marcas Emporium e Marathon e en 1945 motocicletas. Produce unhas 10 000 motos ao ano. Os seus deseños caracterízanse por empregar motores doutras marcas. Primeiramente da italiana Minarelli e actualmente da xaponesa Yamaha.

Modelos en venda[editar | editar a fonte]

  • Ciclomotores
  • Motos de cross
  • Bicicletas eléctricas
  • Motos eléctricas
  • Motos de estrada