Primeira División de Arxentina
| Fundación | 1931 |
|---|---|
| Rexión | |
| Equipos | 20 |
| Actual campión | Boca Juniors (24º) |
| Máis laureado | River Plate (33) |
| Sitio web | www.afa.org.ar/ |
O torneo de Primeira División é o principal campionato de liga entre clubs de fútbol en Arxentina. Fundado en 1893 pola Asociación do Fútbol Arxentino, actualmente o campionato está dividido en 2 torneos anuais, chamados Torneo Apertura (que se disputa na segunda metade do ano) e Torneo Clausura (disputado na primeira metade do ano).
Considerada unha das principais ligas de fútbol do mundo, os seus equipos dominan os palmarés das competicións continentais, con 22 Copas Libertadores en 52 edicións, e 9 Copas Intercontinentais en 43 edicións. Ningunha liga do mundo pode igualar esta cantidade de logros.
Índice |
Formato [editar]
Dende 1991, a primeira división arxentina de fútbol está dividida en dous torneos, Apertura e Clausura, que se disputan en cadansúa metade do ano. Compostos por 20 equipos, ámbolos dous torneos consisten nunha volta de 19 xornadas. Ó remate da última xornada, o primeiro equipo da táboa clasificatoria é o campión.
Equipos [editar]
Os seguintes 20 equipos completaron o torneo Apertura 2011 e disputarán o torneo Clausura 2012:
| Equipo | Cidade | Estadio | Capacidade |
|---|---|---|---|
| All Boys | Bos Aires | Islas Malvinas | 21.500 |
| Argentinos Juniors | Bos Aires | Diego Armando Maradona | 24.800 |
| Arsenal | Sarandí | Júlio Humberto Grondona | 16.000 |
| Atlético de Rafaela | Rafaela | Nuevo Monumental | 17.000 |
| Banfield | Banfield | Florencio Sola | 34.901 |
| Belgrano | Córdoba | Mario Alberto Kempes | 57.000 |
| Boca Juniors | Bos Aires | Alberto J. Armando | 49.000 |
| Colón | Santa Fe | Brigadier Estanislao López | 47.000 |
| Estudiantes | La Plata | Ciudad de la Plata | 53.000 |
| Godoy Cruz | Godoy Cruz | Malvinas Argentinas | 40.268 |
| Independiente | Avellaneda | Libertadores de América | 32.655 |
| Lanús | Lanús | Ciudad de Lanús - Néstor Díaz Pérez | 46.619 |
| Newell's Old Boys | Rosario | Marcelo Bielsa | 40.567 |
| Olimpo | Bahía Blanca | Roberto N. Carminatti | 20.000 |
| Racing Club | Avellaneda | Presidente Juan Domingo Perón | 51.000 |
| San Lorenzo | Bos Aires | Pedro Bidegain | 44.955 |
| San Martín | San Juan | Ingeniero Hilario Sánchez | 28.000 |
| Tigre | Victoria | José Dellagiovanna | 26.282 |
| Unión | Santa Fe | 15 de Abril | 22.500 |
| Vélez Sarsfield | Bos Aires | José Amalfitani | 49.540 |
Palmarés [editar]
Na seguinte táboa non se teñen en conta os campionatos da era amateur (1891-1934). No profesionalismo, o Club Atlético River Plate é o equipo máis laureado do campionato arxentino de fútbol, con 33 títulos na era profesional (dende 1931), seguido por Club Atlético Boca Juniors, con 24 títulos.
| Nº Títulos | Equipo | Campionatos obtidos |
|---|---|---|
| 33 | 1932, 1936, 1937, 1941, 1942, 1945, 1947, 1952, 1953, 1955, 1956, 1957, M-1975, N-1975, M-1977, M-1979, N-1979, M-1980, N-1981, 1985-86, 1989-90, A-1991, A-1993, A-1994, A-1996, C-1997, A-1997, A-1999, C-2000, C-2002, C-2003, C-2004, C-2008 | |
| 24 | 1931, 1934, 1935, 1940, 1943, 1944, 1954, 1962, 1964, 1965, N-1969, N-1970, M-1976, N-1976, M-1981, A-1992, A-1998, C-1999, A-2000, A-2003, A-2005, C-2006, A-2008, A-2011 | |
| 14 | 1938, 1939, 1948, 1960, 1963, N-1967, M-1970, M-1971, N-1977, N-1978, M-1983, 1988-89, C-1994, A-2002 | |
| 10 | 1933, 1946, 1959, M-1968, M-1972, N-1972, N-1974, C-1995, C-2001, C-2007 | |
| 8 | N-1968, C-1993, A-1995, C-1996, C-1998, C-2005, C-2009, C-2011 | |
| 7 | 1949, 1950, 1951, 1958, 1961, 1966, A-2001 | |
| 5 | M-1974, 1987-88, 1990-91, C-1992, A-2004 | |
| 5 | M-1967, M-1982, N-1983, A-2006, A-2010 | |
| 4 | N-1971, N-1973, N-1980, 1986-87 | |
| 3 | M-1984, N-1985, C-2010 | |
| 2 | N-1982, N-1984 | |
| 1 | M-1973 | |
| 1 | A-2007 | |
| 1 | A-2009 | |
| 1 | M-1978 | |
| 1 | M-1969 | |
| 1 | C-2012 |
M - Torneo Metropolitano (1967-84) ; N - Torneo Nacional (1967-85) ; A - Torneo Apertura (1991- ) ; C - Torneo Clausura (1992- )
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||