Hugh Hefner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hefner en 2009.

Hugh Marston Hefner, nado en Chicago o 9 de abril de 1926, é o fundador e editor-xefe da máis famosa revista erótica do mundo, a Playboy.

Traxectoria [editar]

Ironicamente, Hefner é o fillo máis vello de pais protestantes e conservadores, Glenn e Grace Hefner, e descende de importantes patriarcas puritanos do estado americano de Massachusetts, como William Bradford e John Winthrop.

A primeira edición da revista Playboy, que presentaba o calendario fotográfico de Marilyn Monroe, foi lanzada en decembro de 1953. Hoxe, está presente en máis de vinte e oito estados, con súas propias editoras nacionais, como o Brasil, o Xapón ou Francia.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ligazóns externas [editar]