Erotismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fotografía erótica do século XIX.

Erotismo é unha palabra formada a partir do grego ἔρως, érōs con que se designaba ao amor apaixonado unido co desexo. Tal sentimento foi personificado nunha deidade: Eros (a ter en conta que en grego moderno a palabra erotas alude ao amor romántico).

o termo «erotismo» connota e denota a todo o relacionado coa sexualidade e non limitándose ao acto sexual per se. Deste modo o erotismo pode observarse en combinación coa libido, termo máis usado pola psicanálise de tipo freudiano. O erotismo trata de todo aquilo que emana da nosa zona libídica e está relacionado co sexo e co amor erótico.