Hoya de Huesca - Plana de Uesca
A Hoya de Huesca (Plana de Uesca en aragonés e oficialmente Hoya de Huesca/Plana de Uesca[1]) é unha comarca de Aragón, en España. A maior parte da comarca está situada na provincia de Huesca pero tamén inclúe dous municipios da provincia de Zaragoza (Murillo de Gállego e Santa Eulalia de Gállego). A súa capital é Huesca.
A súa economía está fundada, principalmente, na agricultura e gandería. A industria baséase, fundamentalmente, na do metal.
Índice |
Municipios [editar]
A comarca engloba os municipios de Agüero, Albero Alto, Alcalá de Gurrea, Alcalá del Obispo, Alerre, Almudévar, Angüés, Antillón, Argavieso, Arguis, Ayerbe, Banastás, Biscarrués, Blecua y Torres, Casbas de Huesca, Chimillas, Gurrea de Gállego, Huesca, Ibieca, Igriés, Loarre, Loporzano, Loscorrales, Lupiñén-Ortilla, Monflorite-Lascasas, Murillo de Gállego, Novales, Nueno, Las Peñas de Riglos, Pertusa, Piracés, Quicena, Salillas, Santa Eulalia de Gállego, Sesa, Siétamo, La Sotonera, Tierz, Tramaced e Vicién.
Xeografía [editar]
Emprazada na parte central do somontano oscense, é atravesada polos ríos Isuela, Flumen e Guatizalema. Sitúase entre os ríos Sotón e Alcanadre e está limitada polas serras de Gratal e Guara.
As súas comarcas limítrofes:
- Norte: Jacetania e Alto Gállego
- Sur: Zaragoza e Los Monegros
- Leste: Somontano de Barbastro
- Oeste: Cinco Villas
Notas [editar]
- ↑ DECRETO LEXISLATIVO 2/2006, de 27 de decembro, do Goberno de Aragón, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Delimitación Comarcal de Aragón.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Mapa oficial en PDF. (en castelán)
- Comarca Hoya de Huesca, en comarcaacomarca.com (en castelán)
- Comarcalización de Aragón, Hoya de Huesca (en castelán)