Hillel Slovak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hillel Slovak
Nome completoHillel Slovak
AliasSlim
The Israeli Cowboy
Data nacemento13 de abril de 1962
Nado enHaifa, Israel
Falecemento25 de xuño de 1988 (26 anos)
Os Ánxeles, California
 Hollywood
Causaopioid overdose
SoterradoCemitério Mount Sinai Memorial Park
OcupaciónMúsico, compositor
XéneroFunk rock, Punk rock, Funk metal
Instrumento(s)Guitarra, sitar
Selo(s) discográfico(s)MCA, EMI
Relacionado conRed Hot Chili Peppers, What Is This?
Tempo en activo1980-1988
Na rede
IMDB: nm0806234 Musicbrainz: e9abbfc9-6140-4fdc-ba65-eb6592533134 Discogs: 513652 Allmusic: mn0000958131 WikiTree: Slovak-27 Find a Grave: 6446 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Hillel Slovak (en hebreo: הלל סלובק), nado en Haifa (Israel) o 13 de abril de 1962 e finado nos Ánxeles (California) o 25 de xuño de 1988, foi un músico israelí-americano coñecido sobre todo por ser o guitarrista orixinal e membro fundador da banda de rock dos Ánxeles Red Hot Chili Peppers. Antes da súa morte por unha sobredose de heroína en 1988, Slovak gravou dous álbums coa banda, Freaky Styley (1985), e The Uplift Mofo Party Plan (1987).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A familia de Slovak emigrou aos Estados Unidos cando el tiña cinco anos. Slovak coñeceu os seus futuros compañeiros de banda Anthony Kiedis, Flea e Jack Irons cando ía á escola en Los Angeles. El e Irons uníronse ao grupo Anthym na súa etapa do instituto, no Fairfax High School, grupo ao que posteriormente tamén se uniría Flea. Slovak, Flea, Kiedis e Irons, formaron os Red Hot Chili Peppers en 1983, os cales se fixeron populares en Los Angeles, e fixeron varios concertos pola cidade. Con todo, Slovak deixou a banda para centrarse en What Is This?, quen tiñan un acordo de gravación dun disco, deixando aos Red Hot Chili Peppers na gravación do seu primeiro álbum. Volveu aos Red Hot Chili Peppers en 1985, e gravou dous álbums coa banda, Freaky Styley e The Uplift Mofo Party Plan.

Durante a súa carreira, Slovak tivo unha seria adicción á heroína. Sucumbiu a esta adicción, falecendo dunha sobredose o 25 de xuño de 1988, á idade de 26 anos. Foi substituído polo guitarrista John Frusciante, quen foi influenciado polo estilo de Slovak. Varias cancións dos Red Hot Chili Peppers foron escritas coma tributos a Slovak, coma "My Lovely Man". En 1999, o seu irmán publicou un libro titulado Behind the Sun: The Diary and Art of Hillel Slovak, onde aparecen historias e debuxos de Slovak.

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Addie Brik

  • Wattsland - EP (1984)

Con What Is This

  • Squeezed - EP (1984)
  • What Is This (1985)
  • 3 Out Of 5 Live - EP (1985)

Con Red Hot Chili Peppers