Anthony Kiedis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anthony Kiedis
Anthony Kiedis
Nome completo Anthony Kiedis
Nado o 1 de novembro de 1962 (52 anos)
Orixe Grand Rapids, Míchigan Estados Unidos de América Estados Unidos
Instrumento(s) Voz
Bandas Red Hot Chili Peppers

Anthony Kiedis, nado en Grand Rapids (Míchigan) o 1 de novembro de 1962, é un cantante estadounidense, voz da banda de funk rock Red Hot Chili Peppers.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo de John Kiedis e Margaret "Peggy" Noble, que se divorciaron en 1968 cando Anthony tiña 6 anos. Nesa mesma idade, nunha das salidas co seu pai, sentiu a olor da marihuana por primeira vez e pouco despois tivo a súa primeira experiencia con esa droga. Aos 12 anos perdeu a virxindade, cunha rapaza de 18 anos chamada Kimberley Smith. Viviu coa súa nai ata os 11 anos, quen cría que o seu pai non era un 'bo amigo' para Anthony, pero a súa vez, recoñecía que era moi importante para el ter unha boa comunicación, cando se mudou a California xunto ao seu pai, onde tivo unha vida chea de liberdades, excesos e drogas. O seu equipo favorito son Los Angeles Lakers. Tivo numerosos accidentes ca súa moto. Dende 1980 fíxose vexetariano.

Estudou na Fairfax High School e participou en numerosas bandas que nunca foron consideradas como tal. Non foi ata principios do ano 1982 cando se xuntou con 3 compañeiros e fundou o grupo chamado, por aquel entón, 'Tony Flow & The Miraculously Majestic Masters of Mayhem'. Estes compañeiros eran: Michael Balzary (coñecido coma "Flea") que tocaba o baixo, quen aínda pertence ao grupo; o batería Jack Irons e Hillel Slovak, falecido o 27 de xuño de 1988 por unha sobredosis de heroína. En 1983 cambiaron o nome ao actual. A súa profesora de inglés, Mrs. Vernon, animoulle a escribir poesía, facendo algunhas das cales se converterían anos máis tarde en cancións coma Under the Bridge (1991), onde fala da súa época onde estivo perdido nas drogas e viviu ata debaixo dunha ponte.

O seu estilo de cantar foi cambiando drásticamente segundo pasaban os anos. Aprendeu a controlar a súa voz álbum tras álbum. Comezou rapeando, estilo que podía facer a velocidades extremas mantendo un ritmo consistente. A partir de "Mother's Milk" (cuarto disco da banda, sacado á venda en 1989), Anthony escribiu cancións con letras máis melódicas, cun estilo máis funk. Co paso dos anos, Kiedis preferiu o canto antes que o rapeo. Moitos críticos están dacordo en opinar que a súa voz mellorou moito e que quizais a súa máxima expresión a tomase no último álbum dos Red Hot Chili Peppers, Stadium Arcadium (2006).

O 2 de outubro do 2007, tivo o seu fillo primoxénito coa modelo de 21 anos, Heather Christie, bautizado co nome de Everly Bear Kiedis. Recentemente, separouse de Heather Christie.

Kiedis gañou o posto número 1 á celebridade vexetariana máis sexy do mundo en 2008, xunto a Leona Lewis.

En verán dese mesmo ano, Kiedis foi ingresado no hospital de Los Angeles por un problema nun ril. Os médicos planteáronse transplantarlle o ril, mais non o fixeron. O seu representante indicou que Kiedis estaba mellorando.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]