Herb Caen
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Herbert Eugene Caen, coñecido como Herb Caen, nado o 3 de abril de 1916 e finado o 1 de febreiro de 1997, foi un xornalista estadounidense radicado en San Francisco.
Traxectoria [editar]
Escribiu durante case toda a súa vida para o xornal San Francisco Chronicle, dende fins da década do 30 ata a súa morte. Publicou unha colección de ensaios baixo o título de Baghdad-by-the-Bay, en 1949. Morreu en 1997 e o seu funeral foi un dos acontecementos máis destacados da historia recente da cidade de San Francisco. Foi gañador do Premio Pulitzer. Se lle atribúe a invención do termo beatnik, que ridiculiza á xeración beat.