Henrique I de Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henrique I de Navarra
Rei de Navarra
Conde de Champaña e de Brie
Debuxo do selo de Henrique I, por Anne Franco
Rei de Navarra
1270 - 1274
PredecesorTeobaldo II de Navarra
SucesorXoana I e Filipe I
Conde de Champaña e de Brie
como Henrique III de Champaña
1270 - 1274
PredecesorTeobaldo V de Champaña
SucesorXoana I

Coroaciónmaio de 1273, en Pamplona
Nome completoHenri de Champagne
Nacementoca. 1244
Falecemento22 de xullo de 1274
Pamplona
SepulturaCatedral de Pamplona
ConsorteBranca de Artois
DescendenciaVéxase Descendencia
Casa realChampaña
ProxenitoresTeobaldo I de Navarra
Margarida de Borbón

Escudo de Henrique I de Navarra
Escudo de armas de Henrique I de Navarra
(Armas de Navarra-Champagne)
Na rede
WikiTree: Navarra-23 Find a Grave: 117549655 Editar o valor em Wikidata

Henrique I de Navarra o Gordo (en francés: Henri "le Gros"), nado contra 1244 e finado en Pamplona o 22 de xullo de 1274, foi, desde 1270 até 1274, rei de Navarra e conde de Champaña e de Brie (como Henrique III).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Henrique era o fillo máis novo de Teobaldo I de Navarra e Margarida de Borbón.[1] e irmán de Teobaldo II. Durante o reinado do seu irmán máis vello Teobaldo II, que non tiña fillos, ocupou a rexencia durante moitas das numerosas ausencias de Teobaldo. En 1269, Henrique casou con Branca de Artois, filla do rei Lois IX de Francia e irmá do conde Roberto I de Artois.[2] Entrou así no "Círculo anxevino" da política internacional dos Capetos.

Reinado[editar | editar a fonte]

Recoñecido como presunto herdeiro durante o reinado do seu irmán máis vello, Henrique sucedeuno nos tronos do Reino de Navarra e do Condado de Champaña cando Teobaldo II morreu sen descendencia en decembro de 1270, sendo proclamado como rei Henrique I en Pamplona o ano seguinte, o 1 de marzo de 1271.[3], e a súa coroación pospúxose aínda até maio de 1273, xa que, tras xurar os Foros de Navarra, desprazouse a Francia para prestar homenaxe feudal a Filipe o Atrevido polos seus dominios de Champaña.

Debido á súa obesidade, morreu aos tres anos do seu reinado, o que no permite formarnos unha idea acertada da personalidade deste monarca. Parece que mostrou interese polo pobo de Navarra. Permitiu que a Navarrería se desvinculase da unión dos burgos de San Cernin e San Nicolás, acordada en 1266. Concedeu privilexios a vilas e cidades como Estella, Los Arcos e Viana, e mantivo relacións cordiais coa nobreza, coa que negociou compra vendas e cesións de patrimonio.

Inicialmente, Henrique intentou recuperar os territorios perdidos que pasaran a Castela por axudar á rebelión do infante Filipe de Castela contra o seu irmán o rei Afonso X o Sabio en 1270. Pero finalmente declinou, prefirindo manter a paz, o que o levou a rexeitar as pretensións do infante Sancho, que e rebelara tamén contra o seu pai Afonso X, e establecer unha alianza con Castela mediante o matrimonio do seu fillo Teobaldo con Violante, filla de Afonso X, en setembro de 1272.[4]

Porén, a voda non se puido celebrar debido á morte do xove Teobaldo ao caer dunha amea do castelo de Estella en 1273.[5] Violante casaría en 1282 en Toledo con Diego López V de Haro, señor de Biscaia.[6]

Descendencia[editar | editar a fonte]

Do seu matrimonio con Branca de Artois tivo dous fillos:

  • Teobaldo, que morreu antes del ao caer desde unha amea do castelo de Estella, como quedou dito, e
  • Xoana, que tiña 3 anos á morte do pai, e que sería a súa herdeira como Xoana I de Navarra.
  • Tivo ademais un fillo natural antes do seu matrimonio, Xoán Enríquez de Lacarra.

Morte, sepultura e legado[editar | editar a fonte]

Henrique non sobreviviu moito tempo ao seu fillo. Morreu sufocado, segundo as fontes, pola súa propia graxa. Foi enterrado na Catedral de Santa María da Asunción de Pamplona.

Sobrevivíronlle unicamente o seu fillo natural e a súa filla lexítima Xoana, que o sucedeu baixo a rexencia da súa nai Branca. Xoana casaría en 1284 con Filpe o Fermoso, futuro rei de Francia, e nese mesmo ano a coroa de Navarra uniríase á de Francia, e Champaña pasaría posteriormente a ser un dominio real francés.

Na Divina Comedia, Dante Alighieri, un contemporáneo máis novo que Henrique, viu o espírito do rei fóra das portas do Purgatorio, cun grupo dun gran número doutros monarcas europeos do século XIII. Henrique non se cita directamente, pero Dante refírese a el como "a bondadosa cara" e "o sogro da Praga de Francia".[7]

Antepasados de Henrique I de Navarra[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Teobaldo II de Champaña
 
 
 
 
 
 
 
8. Henrique I de Champaña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Matilde de Carintia
 
 
 
 
 
 
 
4. Teobaldo III de Champaña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Lois VII de Francia
 
 
 
 
 
 
 
9. María Capeto
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Leonor de Aquitania
 
 
 
 
 
 
 
2. Teobaldo I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. García V Ramírez
 
 
 
 
 
 
 
10. Sancho VI de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Margarida de l'Aigle
 
 
 
 
 
 
 
5. Branca de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Afonso VII de León
 
 
 
 
 
 
 
11. Sancha de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Berenguela de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
1. Henrique I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Guillerme I de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
12. Guido II de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Ermengauda de Mouchy
 
 
 
 
 
 
 
6. Archimbaldo VIII de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Archimbaldo de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
13. Matilde I de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Alicia de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
3. Margarida de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Guigona (Alicia) de Forez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Teobaldo II de Navarra

Rei de Navarra

1270 - 1274
Sucesor:
Xoana I e Filipe I
(Rei consorte)
Predecesor:
Teobaldo V de Champaña

Conde de Champaña e de Brie

1270 - 1274
Sucesor:
Xoana I e Filipe I
(Conde consorte)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Evergates 2007, p. 248.
  2. Gee 2002, p. 141.
  3. Proctor 1980, p. 255.
  4. Kinkade 1992, p. 294.
  5. Woodacre 2013, p. 25.
  6. Moxó, Salvador de (dir) (1969): "La transformación nobiliaria castellana en la Baja Edad Media". En Instituto Jerónimo Zurita. Estudios sobre la sociedad castellana en la Baja Edad Media. Cuadernos de Historia: Anexos de la Revista Hispania Volumen 3 (1ª edición). Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas, pp. 1-211.
  7. Alighieri 2003, p. 122.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]