Divina Comedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"A Divina Comedia", impreso do 11 de abril de 1472. Está no salón das Artes Liberais e de Planetas no Palazzo Trinci na cidade Foligno (Italia).
Ilustración do purgatorio feita por William Blake para a Divina Comedia.

A Comedia ou Divina Comedia (en italiano Commedia /{komˈmɛdja/ ou Divina Commedia /diˈvina komˈmɛdja/, o adxectivo Divina, atribuído a Boccaccio, atópase soamente a partir da edición impresa en 1555 por Ludovico Dolce) é un poema de Dante Alighieri escrito en lingua vernácula, o dialecto toscano de Florencia. A Commedia é a obra de Dante máis coñecida e unha importante testemuña da civilización medieval. Coñecida e estudada en todo o mundo, considérase unha das obras mestras da literatura do mundo de tódolos tempos[1].

Índice

[editar] Composición

A Divina Comedia está dividida en tres cánticos compostos por trinta e tres cantos cada un.

Os tres cánticos chamados cantiche (plural en italiano de cantica) son : Inferno (Inferno), Purgatorio (Purgatorio) e Paradiso (Paraíso); O Inferno contén un canto adicional de apertura. O poeta narra unha viaxe a través dos tres reinos supra terrenais que o levan á visión da Trindade. A súa representación imaxinaria e alegórica do inframundo cristián é un dos cumios da visión do mundo medieval desenvolvido pola Igrexa Católica Romana.

[editar] Notas

  1. Vexa Harold Bloom (The Western Canon: The Books and School of the Ages )(en inglés), Il canone occidentale, Bompiani, Milano, 1996 (en italiano), Erich Auerbach, Studi su Dante, Feltrinelli, Milano 1964 (en italiano) e al.. Esta catalogada nos Grandes Libros do mundo occidental Great Books of the Western World (en inglés).

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • H.Hauvette (1919), Dante, introduction à l'étude de la Divine Comédie, París.
  • Ch.Singleton (1961), Studi su Dante,introduzione alla Divina Commedia, Nápoles.

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas