Hemimorfita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hemimorfita
HemimorphiteMexiqueFrome11.jpg
Fórmula química: Zn4Si2O7(OH)2·H2O
Clase: Sorosilicato
Subclase: {{{subclase}}}
Sistema cristalino: Ortorrómbico
Cor: Branca, azul ou verdosa
Brillo: Vítreo
Dureza: 5 (escala de Mohs)
Fractura: Concoidal
Exfoliación: Perfecta
Raia: Branca
Densidade: 3,45 g/cm³

A hemimorfita, tamén chamada calamina, é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo sorosilicatos. Calamina é un sinónimo, aínda que este propiamente é o nome que usaban os mineiros para designar á mestura que aparecía frecuentemente de hemimorfita, smithsonita e hidrocincita na parte alta das minas de cinc.

Un hidroxisilicato de cinc hidratado, con aspecto de cristais alongados dispostos en costras radiadas, normalmente brancas, mais é frecuente en costras masivas de tonalidades verde ou azul intenso.

Foi denominado hemimorfita debido ao desenvolvemento hemimórfico dos seus cristais. Esta inusual forma de cristalización provoca que os cristais rematen en caras desiguais.

Ambiente de formación[editar | editar a fonte]

Áchase formando vetas e leitos en rochas calcarias estratificadas, na zona de oxidación de sulfuros de cinc e de chumbo, asociada á smithsonita, cerusita, anglesita, galena e esfalerita.

Localización e extracción[editar | editar a fonte]

Encóntrase en minas de Chihuahua (México), Bélxica, Austria, Gran Bretaña, Alxeria e Estados Unidos. En España é frecuente encontrar hemimorfita na conca mineira do cinc de Asturias e Cantabria. En xeral abunda en todos os depósitos de cinc, chumbo e prata do mundo.

Industrialmente extráese nas minas como mena do cinc, sendo de gran rendemento económica a súa explotación pois contén máis dun 54% de cinc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hemimorfita

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, 20th ed., ISBN 0-471-80580-7
  • Boni, M., Gilg, H.A., Aversa, G., and Balassone, G., 2003, The "Calamine" of southwest Sardinia: Geology, mineralogy, and stable isotope geochemistry of supergene Zn mineralization: Economic Geology, v. 98, p. 731-748.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]