Galena

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Galena
Galena z.jpg
Galena na súa típica forma cúbica algo irregular
Fórmula química: PbS
Clase: Sulfuros
Subclase:
Sistema cristalino: Cúbico
Cor: Gris
Brillo: Metálico
Dureza: 2,5-3
Fractura: Concoidea ou irregular
Exfoliación: Perfecta, en cubos
Raia: Gris escura
Densidade: 7,6 g/cm3

A galena é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é PbS. É insoluble en auga e de brillo metálico.

Índice

[editar] Aspecto

O seu aspecto cando cristaliza é o de cubos metálicos de cor grisácea, aínda que máis imperfectos cos da pirita.

[editar] Lugares onde se atopa

A galena atópase en filóns hidrotermais, en pegmatitas e en xacementos sedimentarios sulfurosos. Aparece normalmente asociada á pirita, á calcopirita, á barita e á esfalerita.

[editar] Usos da galena

Debido o seu alto porcentaxe en chumbo (o 86,6%), a galena utilízase como fonte desde elemento. Algunhas veces a presenza de prata (galena argentífera) neste mineral provocou que se utilizase tamén como fonte da mesma.

Antigamente utilizábase na fabricación de esmaltes cerámicos.

[editar] Outros sulfuros

Outros minerais nos que a presenza de xofre é destacada son:

A marcasita, a arsenopirita, a pirita, a calcopirita, a pirrotina e o cinabrio.

Ferramentas persoais