Hayley Westenra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hayley Westenra
HayleyWestenraWikipedia1.jpg
Hayley Westenra no 2006.
Nome completo Hayley Dee Westenra
Naceu 10 de abril de 1987
Orixe Christchurch, Nova Zelandia Nova Zelandia
Ocupación (s) Cantante
Xénero Música celta, New Age, música contemporánea e música clásica
Instrumento(s) Voz, guitarra, piano, violín e frauta doce
Tipo de voz Soprano
Selo(s) discográfico (s) Universal Records e Decca Records
Relacionado con Celtic Woman, Andrea Bocelli e Ennio Morricone
Tempo en activo 2001 - presente
Web http://www.hayleywestenra.com/

Hayley Dee Westenra, nada o 10 de abril de 1987 en Christchurch, é unha cantante soprano neozelandesa. Tamén é unha recoñecida embaixadora de UNICEF.

O seu álbum musical Pure, acadou o primeiro posto na categoría clásica por vender máis copias en menos tempo no seu debut, cando ela tiña só dezaseis anos. Dito álbum foi número un en vendas no Reino Unido no ano 2003.

Westenra é principalmente coñecida por colaboracións con artistas de renome como Andrea Bocelli ou José Carreras. En agosto de 2006 entrou a formar parte do grupo irlandés Celtic Woman, co que colaborou en varios álbums e xiras musicais.

No 2011 sacou un álbum coa colaboración de Ennio Morricone que se chama Paradiso.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]