Celtic Woman: Home for Christmas é o duodécimo álbum de estudio do grupo irlandésCeltic Woman. Foi lanzado ó mercado o 9 de outubro de 2012 e nel participan as cantantes Chloë Agnew, Lisa Lambe, Méav Ní Mhaolchatha, e a violinistaMáiréad Nesbitt. Este é o primeiro álbum no que participa Ní Mhaolchatha dende que deixara o grupo e tamén o primeiro no que non participa Lisa Kelly, unha das cantantes que formou parte do grupo dende os seus comezos.