Haptófitas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Haptophyta
Cocolitóforo (Emiliania huxleyi)
Cocolitóforo (Emiliania huxleyi)
Clasificación científica
Reino: Protista
(sen clasif.) Chromista
Filo: Haptophyta
Ordes

Clase Pavlovophyceae

Clase Prymnesiophyceae

As haptófitas ou Haptophyta (ás veces Haptophyceae [1][2] ou Prymnesiophyta, segundo a clasificación utilizada) son un tipo de algas unicelulares. Aínda que a filoxenética deste grupo se empezou a comprender moito mellor nos últimos anos, aínda hai discusións sobre as súas relacions e nivel taxonómico máis axeitado para elas (división, filo, clase).

A maioría das haptófitas son mariñas, formando parte do fitoplancto, cosmopolitas e abundantes en mares temperados e fríos; raras en augas doces. Producen enormes floracións, como Emiliania huxleyi, que deron lugar a depósitos fósiles (cocolitóforos do Xurásico). Algunhas especies, como Prymnesium parvum, son parasitas de peixes, outras excretan toxinas. Algunhas Haptophyta son importantes economicamente, como Pavlova lutheri e Isochrysis sp. que se usan moito na industria da acuicultura.

O nome procede do grego hapsis, toque, e phyta, plantas.

Características[editar | editar a fonte]

A célula é espida ou cuberta de escamas elipsoidais de carbonato de calcio. Os cloroplastos están pigmentados de modo similar aos das heterocontas, [3] polo que presentan clorofilas a e c, xantofilas e beta-caroteno, pero a estrutura da célula é diferente, polo que se consideran unha liña evolutiva separada que ten cloroplastos derivados do mesmo endosimbionte ca o das heterocontas. Cloroplasto rodeado por catro membranas, a más externa engloba un núcleo e está cuberta de ribosomas; tilacoides agrupados de tres en tres.

Ten caracteristicamente dous flaxelos lixeiramente distintos en tamaño, pero ambos os dous lisos (sen bárbulas como as das haptófitas) e con escamiñas de material orgánico. Presentan un orgánulo exclusivo chamado haptonema, que é aparentemente similar a un flaxelo, pero difire del na disposición dos microtúbulos e no seu uso. O haptonema ten seis ou sete microtúbulos simples rodeados pola membrana do retículo endoplasmático (nada que ver coa estrutura típica 9 + 2 dun flaxelo). O haptonema non bate como os flaxelos e foi relacionado coa capacidade fagotrófica dalgunhas haptófitas, e coa fixación a un substrato ou animal ou relacionado co movemento da célula. Nalgunhas especies o haptonema é só un curto apéndice ou está ausente. As mitocondrias teñen cristas tubulares.

Almacenan crisolaminarina fóra do cloroplasto.

Exemplos e clasificación[editar | editar a fonte]

As haplófitas mellor coñecidas son os cocolitóforos, que teñen un exoesqueleto de placas calcarias chamado cocólito. Os cocolitóforos están entre os membros do fitoplancto máis abondosos, especialmente en mar aberto, e son enormemente abundantes como microfósiles. Outras haptófitas planctónicas importantes son Chrysochromulina e Prymnesium, que poden formar súpetas floracións que orixinan mareas tóxicas (ver marea vermella), e Phaeocystis, que orixina floracións que poden producir unha desagradable escuma nas praias. Hai tanto probas moleculares coma morfolóxicas que apoian dividir o grupo en cinco ordes; os cocolitóforos constitúen os grupos das Isochrysidales e Coccolithales. Existen pico-primnesiófitas moi pequenas (2-3 μm) e non cultivadas que son ecoloxicamente importantes. [4]

As haptófitas están moi próximas ás criptófitas (criptomónadas).[5] Nalgunhas clasificacións as haptófitas, criptófitas e heterocontófitas clasifícanse xuntas no grupo Chromista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "www.ncbi.nlm.nih.gov". http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Info&id=2830&lvl=2. 
  2. Satoh M, Iwamoto K, Suzuki I, Shiraiwa Y (2009). "Cold stress stimulates intracellular calcification by the coccolithophore, Emiliania huxleyi (Haptophyceae) under phosphate-deficient conditions". Mar. Biotechnol. 11 (3): 327–33.  |pmid=18830665 |doi=10.1007/s10126-008-9147-0}}
  3. R.A. Anderson. American Journal of Botany 91(10): 1508-1522. 2004. Biology and Systematics of Heterokont and Haptophyte Algae.
  4. Cuvelier, M.; Allen, A.; Monier, A.; McCrow, J.; Messié, M.; Tringe, S.; Woyke, T.; Welsh, R. et al. (2010). "Targeted metagenomics and ecology of globally important uncultured eukaryotic phytoplankton". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 107 (33): 14679–14684. Bibcode 2010PNAS..10714679C. DOI:10.1073/pnas.1001665107. PMC 2930470. PMID 20668244. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=2930470.
  5. Reeb VC, Peglar MT, Yoon HS, et al (April 2009). "Interrelationships of chromalveolates within a broadly sampled tree of photosynthetic protists". Mol. Phylogenet. Evol. 53 (1): 202–11. DOI:10.1016/j.ympev.2009.04.012. PMID 19398025. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Haptófitas