Supergrupo SAR

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O supergrupo SAR ou grupo SAR é un clado utilizado nalgunhas clasificacións modernas dos protistas. Inclúe ao grupo dos stramenopiles (tamén coñecidos como Heterokonta), a Alveolata, e a Rhizaria. [1][2][3][4]

O acrónimo "SAR" está formado pola inicial de cada un destes tres grupos (stramenopiles + Alveolata + Rhizaria).

No supergrupo SAR inclúense a maioría dos organismos do grupo dos Chromalveolata, pero non os Hacrobia, que se clasificarían á parte.

O termo "Harosa" (co nivel de subreino) tamén foi utilizado para referirse ao supergrupo SAR. [5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]