Grupo Tojeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grupo Tojeiro
FundadorRoberto Tojeiro Díaz
IndustriaEnerxía, transporte, distribución, madeira.
ProdutosGadisa
Intasa
Galparket
Reganosa
Forestal del Atlántico
Beneficio1.300 millóns de euros
Número de empregados7.000
editar datos en Wikidata ]

Grupo Tojeiro é un grupo familiar de empresas creadas por Roberto Tojeiro Díaz e a súa familia.

Historia[editar | editar a fonte]

Os inicios do grupo están nun negocio familiar nas Pontes dedicado á venda de todo tipo de produtos, que co tempo medrou ata estar hoxe formado por empresas como Gadis, Reganosa, INTASA e Galparket. A facturación foi en 2009 duns 900 millóns de euros; sumando os ingresos de todo o grupo son preto de 1.300 millóns de euros.[1]

Os investimentos do grupo Tojeiro así como os da súas empresas están baseados nas Pontes, onde teñen sede varias das súas empresas, con expansión a concellos limítrofes como San Sadurniño (Intasa), Ferrol e Mugardos (Forestal del Atlántico e Reganosa).

Reganosa[editar | editar a fonte]

Tojeiro e o seu grupo asociado coa Xunta de Galicia, Caixa Galicia e Fenosa foron os impulsores de Reganosa, a planta de gas de Mugardos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]