Granville Bantock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Granville Bantock (Londres, 1868 - 1946) foi un compositor británico de música clásica.
Amigo do compositor Havergal Brian, foi profesor de música na Universidade de Birmingham entre 1908 e 1934.
Influenciado pola música tradicional das Hébridas, na que se basea a súa Hebridean Symphony (1915) e pola obra de Richard Wagner, aínda que tamén polo orientalismo, como no oratorio Omar Khayyám (1906-09)). Tamén descatan a obertura The Pierrot of the Minute (1908) e Pagan Symphony (1928).