Sinagoga Vella-Nova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Sinagoga Vella-Nova.

A Sinagoga Vella-Nova (en checo: Staronová synagoga, en alemán: Altneu-Synagoge)[1] situada en Josefov, Praga, é a sinagoga máis antiga do mundo aínda en uso. É ademais a sinagoga medieval en pé máis vella.

Rematada en 1270 en estilo gótico foi unha das primeiras edificacións de Praga con ese estilo arquitectónico. Había unha sinagoga máis antiga na cidade, coñecida como a Sinagoga Vella, pero foi demolida en 1867 e substituída pola Sinagoga Española.

Interior[editar | editar a fonte]

Entrando dende a rúa cara o vestíbulo hai unha porta trala que se atopa unha dobre nave con seis tramos abovedados. Este sistema de dobre nave foi probablemente unha adaptación dos deseños dos mosteiros e capelas dos arquitectos de sinagogas cristiás. O moldura no tímpano da porta de entrada ten un deseño que incorpora doce vides e doce acios de uvas, os cales se di que representan ás doce tribos de Israel. As estreitas xanelas son probablemente responsables de moitas descricións que din que a Sinagoga Vella-Nova é escura e sórdido, aínda que agora está moi iluminado con varias lámpadas de araña.

A sinagoga foi construída de acordo ao costume do xudaísmo ortodoxo con áreas separadas para homes e mulleres durante a oración. As mulleres están nunha habitación contigua que ten xanelas pequenas para seguir as cerimonias no santuario principal. O espazo adicado ás mulleres é un espazo engadido, que non existía durante a construción da Sinagoga. O teito, as paredes do frontón e o apoio son da Idade Media.

Inusitado nunha sinagoga é a bandeira situada no lado oeste, cunha Estrela de David e o texto Shemá Israel (do hebreo: escoita Israel, שְׁמַע יִשְׂרָאֵל). O texto é un privilexio concedido por Fernando II en recoñecemento dos servizos prestados pola comunidade xudía en Praga durante o asedio da cidade polas tropas protestantes suecas durante a Guerra dos Trinta Anos. A bandeira actual é unha réplica da dada por Carlos VI.

O Golem de Praga[editar | editar a fonte]

Segundo outra lenda, o corpo do Golem, unha criatura creada polo rabino Judah Loew ben Bezalel, atópase no ático da sinagoga, no lugar onde está a genizah ("cemiterio" de manuscritos hebreos que contén un dos sete nomes de Deus que está prohibido borrar). Os guías turísticos insisten no carácter lendario e carente de seriedade desta alegación. O caso é que este espazo non está aberto ao público. De feito, só é visible desde o exterior da sinagoga, cando un está no interior non hai escaleiras para chegar, unha vontade do rabino Loew.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sinagoga Vella-Nova