Dungeons & Dragons (xogo de rol)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taboleiro e fituras do xogo D&D

Dungeons & Dragons (abreviado coma D&D ou DnD) é un xogo de rol de fantasía (RPG - do inglés Role Playing Game) orixinalmente deseñado por E. Gary Gygax e Dave Arneson, e publicado por vez primeira en 1974 por Tactical Studies Rules, Inc. (TSR). A editorial que edita actualmente é Wizards of the Coast, unha filial de Hasbro.

Visión xeral do xogo[editar | editar a fonte]

Dungeons & Dragons é un xogo ambientado na época Medieval europea. Os factores principais do xogo son os combates, as aventuras e as intrigas levadas a cabo a través do sistema normal de todo xogo de rol. Para iso emprega o sistema D20, un sistema de dados creado entorno ao dado de 20 caras que é o máis empregado no xogo. Mediante tiradas dun dado de vinte caras (referido coma D20 en termos de xogos de rol), determínanse a maioría dos éxitos ou fracasos que un personaxe queira levar a cabo.

As influencias do xogo son escasas ou moi difusas dado que este é o primeiro xogo de rol de grande éxito. O trasfondo e o principio do xogo foron evolucionando a medida que as edicións saían á luz, pero as orixes proveñen seguramente da literatura existente antes da publicación do primeiro libro. O trasfondo do xogo recolle moitos mundos ideados anteriormente, principalmente polas razas de elfos, enanos, orcos, trasgos, etc. concibidas ou recollidas da mitoloxía de diversos países como xa fixera J.R.R.Tolkien, coa súa saga de O señor dos aneis.

Xogo de dados do xogo de rol Dungeons & Dragons, da esquerda á dereita: un d4, d6, d8, d12, d20, d10 (marcado coa unidade de 0 a 9) e d% (marcado coas decenas 0, 10, 20 até 90)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]