La battaglia di Algeri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «La Battaglia di Algeri»)

A batalla de Alxer
Ficha técnica
Título orixinalLa Battaglia di Algeri
DirectorGillo Pontecorvo
ProdutorAntonio Musu
Saadi Yacef
GuiónFranco Solinas
IntérpretesBrahim Hadjadj
Jean Martin
Yacef Saadi
Samia Kerbash
Ugo Paletti
Fusia El Kader
Mohamed Ben Kassen
MúsicaEnnio Morricone
FotografíaMarcello Gatti
MontaxeMario Morra
Mario Serandrei
Estrea1965
Duración120 min.
OrixeItalia Italia
Alxeria
Na rede
IMDB: tt0058946 Filmaffinity: 757557 Allocine: 89957 Rottentomatoes: m/the_battle_of_algiers Mojo: battleofalgiers Allmovie: v4312 TCM: 68197 Metacritic: movie/the-battle-of-algiers TV.com: movies/the-battle-of-algiers Netlix: 60011023Editar o valor em Wikidata

La battaglia di Algeri é un filme italoalxeriano de 1965, dirixido por Gillo Pontecorvo, en branco e negro, baseado na guerra de Independencia de Alxeria.

A idea de filmar esta película naceu dun proxecto do primeiro goberno independente de Alxeria, dirixido por Ahmed Ben Bella, que foi proposto a directores italianos de cine social.

A primeira idea partiu do futbolista retirado, e antigo dirixente da FLN, Yacef Saadi. En 1964 o goberno de Alxeria encargou a Saadi buscar un director italiano que rodase a que sería a primeira película de ficción alxeriana.

O resultado foi unha das mellores películas sobre colonialismo, terrorismo e movementos revolucionarios. Aínda estar rodada coma se fose un documental, a acción non perde ritmo en ningún momento da película.

A película gañou o León de Ouro á mellor película no Festival Internacional de Cine de Venecia de 1966.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Ali La Pointe (Brahim Hadjadj) é un ladrón analfabeto cun longo historial delituoso, que malvive nas rúas de Alxer. Tras ser detido, nun dos seus ingresos a prisión contempla dende a ventá da súa cela a execución dun preso vinculado ao nacionalismo alxeriano. Este feito faille tomar conciencia da opresión colonial francesa sobre Alxeria, e decide enrolarse despois de fuxir, na Fronte de Liberación Nacional, para rematar sendo, na fin da película, un dos seus máximos responsables.

A trama comeza polo final, situando a acción no 7 de outubro de 1957, dende onde se inicia un flashback que mostra a toma de conciencia e implicación no movemento nacionalista alxeriano do personaxe principal.

Galardóns[editar | editar a fonte]

  • 1966 - Premio "FIPRESCI Price" a Gillo Pontecorvo; Premio "León de Ouro" a Gillo Pontecorvo (Festival de Cine de Venecia)
  • 1967 - Premio "Silver Ribbon" a Marcello Gatti por mellor fotografía en branco e negro; Premio "Silver Ribbon" a Gillo Pontecorvo como mellor director; Premio "Silver Ribbon" a Antonio Musu como mellor produtor (Italian National Syndicate of Film Journalists); Un nomeamento ao "Óscar" como mellor película en lingua estranxeira (Academy Awards, USA)
  • 1968 - Premio "Kinema Junpo Award" á mellor película en lingua estranxeira (Kinema Junpo Awards)
  • 1969 - Un nomeamento ao "Óscar" a Gillo Pontecorvo como mellor director; un nomeamento ao "Óscar" a Francisco Solinas e Gillo Pontecorvo por mellor argumento e guión
  • 1972 - Premio "UN Award" (BAFTA Awards)

Comentarios[editar | editar a fonte]

  • Un dos seus protagonistas Youcef Saadi, caracterizado na película como Saadi Kader, foi un dos fundadores do FLN alxeriano.
  • A súa exhibición en Francia foi vetada até 1971 e incluso o xeneral Massu (encarnado na película no personaxe do Coronel Mathieu) escribiu un libro homónimo á película no que definía os métodos de tortura usados polo exército francés en Alxeria como unha crueldade necesaria:
Non me asusta a palabra tortura, pero penso que na maioría dos casos os militares franceses víronse obrigados a utilizala para vencer ao terrorismo alí, afortunadamente, os nosos métodos foron infantís comparados cos que practicaron os rebeldes. A situación levounos a certa ferocidade, é certo, pero permanecemos dentro da lei do ollo por ollo, dente por dente.
  • As escenas de torturas foron censuradas nos Estados Unidos e no Reino Unido. En España non foi exhibida até moito despois da morte de Franco.
  • Segundo informacións, o filme foi utilizado polo Departamento de Defensa de EUA para ilustrar a formación das tropas destinadas a lugares como Iraq [1].

Notas

  1. Kaufman, Michael T. (2003-09-07). "The World: Film Studies; What Does the Pentagon See in 'Battle of Algiers'?". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2007. Consultado o 2019-05-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]