Markina-Xemein
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 43°16′8″N 2°29′47″W / 43.26889°N 2.49639°W
Markina-Xemein é un concello vasco da provincia de Biscaia. A súa poboación é de 4.967 habitantes (2011). Pertencente á comarca de Lea-Artibai, ten unha superficie de 44,79 km², cunha densidade de poboación de 110,52 habitantes por km².
O municipio formouse en 1952 coa fusión da vila de Markina e a veciña anteigrexa de Xemein. Ziortza-Bolibar pertenceu ao municipio desde 1969 até 2005.
Personaxes ilustres [editar]
- José de Andonaegui (1685-1761), político e militar.
- José María Arizmendiarrieta (1915-1976), sacerdote e impulsor de Mondragón Corporación Cooperativa.
- Luis Echanove (1929-1998), pintor e decorador.
- Fernando Ramón de Barroeta (s. XVIII), Xuíz Maior de Biscaia;
- Juan de Barroeta (s. XVII), capitán de mar.
- Luis Bernaola, director da Universidade Comercial de Deusto.
- Ramón José de Abecía, guerrilleiro durante a Guerra da Independencia.
- Frei Francisco de Ugarte (1658-1693), relixioso misioneiro en Filipinas.
- Bartolomé de Ibaseta-Beitia (s. XVI), Catedrático de Lóxica na Universidade de Salamanca.
- Bartolomé de Madariaga Gárate, coñecido por Frei Bartolomeu de Santa Teresa (1768-1836), relixioso e arquitecto.
- Francisco Mari Ugartetxea Urkieta, coñecido por Padre José Domingo Santa Teresa, (1888-1980), relixioso.
- Frei Juan Bartolomé de Markina (1428-1499?), primeiro reitor do Colexio Maior da Santa Cruz de Valladolid.
- Frei Juan de Markina (1609-1796), confesor do cardeal Cisneros.
- Frei Matías de Markina (1609- 1769), fundador do convento de capuchinos de Deusto.
- Alberto Onaindia (1902-1988), relixioso nacionalista vasco. Asesor do lehendakari Aguirre no primeiro goberno vasco e negociador das tropas do PNV ante os italianos en Santoña.
- Martín de Oronzua (s. XVII), capitán de mar.
- José María Aguirre Salaberría, supervivente do holocausto nazi do campo de concentración de Mauthausen.
- Frei Pablo de Mugartegui (s. XVIII), misioneiro.
- Padre Pedro María de Alcorta Elordui (1822-1892), relixioso.
- Nicolasa Pradera (1870-1959), cociñeira.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial do concello (en éuscaro) (en castelán)
- Markina-Xemein en euskomedia.org (en castelán)