Erandio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erandio, visto desde Barakaldo.

Erandio é un municipio do Gran Bilbao, na provincia de Biscaia, País Vasco (España). Está situado á dereita da ría de Bilbao, a 8 km de Bilbao. A súa extensión é de 17,97 km² e a súa poboación é de 23.960 habitantes, cunha densidade de 1.333 h/km².

Erandio significa veiga grande, e probablemente o nome ten a súa orixe en que parte da anteiglesia aséntase nunha chaira fértil e extensa.