Nadia Boulanger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nadia Boulanger

Nadia Boulanger, nada en París en 1887 e morta en 1979, foi unha compositora francesa, directora de orquestra e profesora. Así mesmo, foi alumna do compositor francés Gabriel Fauré, amigo da familia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1918 deixou de compoñer tras a morte da súa irmá Lili, tamén compositora de talento. A súa avoa foi Juliette Boulanger, unha cantante. O seu pai, Ernest Boulanger, foi profesor no Conservatorio de París. Como directora de orquestra, foi unha das primeiras en recuperar as obras de Monteverdi (na década de 1930), e foi a primeira muller que dirixiu un concerto para a Royal Philharmonic Society de Londres (1937), a Orquestra Sinfónica de Boston (1938) e a Orquestra Filharmónica de Nova York (1939). En 1921 Nadia chega de profesora ao «American Conservatory of Music» en Fontainebleau. Dende 1950 foi a directora do conservatorio.