Garfield Morgan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Garfield Morgan
Nacemento Garfield Morgan
19 de abril de 1931
Birmingham, Inglaterra Inglaterra
Falecemento 5 de decembro de 2009
Londres, Inglaterra Inglaterra
Profesión Actor
Cónxuxe(s) Dilys Laye (separáronse)
Ficha na IMDb

Garfield Morgan nado o 19 de abril de 1931 en Birmingham foi un actor inglés que apareceu sobre todo en televisión e de cando en vez en filmes. Morreu de cáncer o 5 de decembro do 2009.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De novo traballou como aprendiz de mecánico dental antes de ir á escola de teatro. Comezou a súa carreira como actor co Arena Theatre, en Birmingham. A continuación, pasou a ser Director de Producións no Teatro Marlowe, en Canterbury dende 1957 até 1958 e logo na Biblioteca Teatro de Manchester dende 1959 até 1960. Foi Director Asociado do Northgate Theatre (1976-1978) e do The Nottingham Playhouse en 1978.

Apareceu en moitas obras de teatro como The Pumpkin Eater, The Story of Private Pooley e Perfect Friday.

Introduciuse na televisión en 1955, facendo centos de aparicións en moitos espectáculos. Interpretou o detective xefe Gwyn Lewis na serie policial da BBC Softly, Softly, pero o seu mellor papel será lembrado como o detective inspector xefe Frank Haskins na serie británica da Euston Films/Thames Television The Sweeney na década de 1970.

Apareceu tamén na serie The House on Haunted Hill no episodio de Randall and Hopkirk en 1969. Continuou facendo papeis de carácter televisivo, como na máis recente The Bill. Tamén apareceu en Hallelujah!, No Job for a Lady e Shelley. Os seus papeis dinematográficos inclúen The Odessa File e 28 Weeks Later.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casado coa actriz Dilys Laye (matrimonio disolto). Fixo unha listaxe das súas afeccións como o golf, a fotografía, paseos...

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]