Gala (emperatriz)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gala foi filla do augusto Valentiniano I, emperador de Occidente, e da súa segunda esposa Xustina. Este matrimonio celebrouse no 364 para consolidar o goberno de Valentiniano, xa que Xustina estivera casada co augusto Constancio II, con quen tivo unha filla chamada Constancia, que á súa vez casou con Graciano, fillo de Valentiniano. Desta forma, os irmáns de Gala eran ao mesmo tempo os seus cuñados.

O seu irmán máis vello morreu no 383 e cando o menor Valentiniano II foi destronado no 387 por Máximo, trasladouse xunto á súa nai a Tesalónica, onde coñeceu o augusto Teodosio I, emperador de Oriente, recentemente viúvo. Teodosio pedeuna como esposa e restableceu a Valentiniano en Occidente.

Foi nai de Gala Placidia.