Valentiniano II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soldo coa imaxe de Valentiniano II

Flavius Valentinianus, (Aquincum na Panonia Inferior, 371 - Vienne, Galia, 392) foi un emperador romano, fillo do tamén emperador Valentiniano II e da súa segunda esposa Xustina. Foi emperador dende o ano 375 deica o 392.

A Xuventude[editar | editar a fonte]

Tras a morte de Valentiniano I no 375, as lexións nomean o seu fillo Valentiniano como emperador, tendo por aquel entón só catro anos. Pero o augustus elixido dende o ano 367 era Graciano, o seu irmán maior, e que contaba por aquel entón 16 anos. Este acepta este feito e cédelle as provincias de Illiricum, Italia e África, aínda que as gobernaría como rexente deica a maioría de idade de Valentiniano. O Imperio de Oriente continuaba en mans do seu tío Valente, irmán de Valentiniano I.

Valentiniano I estableceuse en Milán, xunto coa súa nai Xustina, que era quen levaba os asuntos do seu fillo. Esta era ariana, e o bispo de Milán Ambrosio estaba firmemente decidido a rematar con tódalas correntes da igrexa fóra da liña establecida. A fama de Ambrosio viña dende a morte do bispo de Milán, o ariano Auxencio, no 374. Ambrosio defendeu de tal xeito o catolicismo, que en oito dias foi bautizado, ordenado sacerdote e nomeado bispo da cidade. Cando Xustina tentou nomear de novo un bispo ariano, Ambrosio pechouse na basílica e as tropas romanas non foron quen de violar a igrexa, tendo a titora que deixar para outra ocasión mais feble a súa política eclesiástica.

Mentres tanto, a presión dos hunos levou os visigodos a invadir o Imperio Oriental, e Valente veuse obrigado a firmar unha paz rápida cos persas para se enfrontar contra esta nova invasión. Mediante unha estrataxema, os visigodos vencen a Valente en Adrianópolis, e este morre na batalla. Agora Graciano queda coma emperador, pero véndose incapaz de afrontar a situación, chama a Teodosio o hispano, para que se encargue do goberno de Oriente. Era o ano 379, e Valentiniano II só contaba con oito anos de idade.

No ano 382, Graciano e Teodosio conxuntamente aceptan o cristianismo coma relixión oficial do Imperio. Apágase para sempre o lume eterno en Roma, que viña ardendo dende había séculos, tamén quitou o altar pagán da Vitoria, que estaba no Senado Romano, a pesar de se ter que enfrontar co derradeiro intelectual pagán do imperio romano, Quinto Aurelio Símaco, sendo este desterrado de Roma, aínda que mais tarde se lle deixou volver á cidade. Graciano entón adicouse á boa vida, descoidando os labores do goberno, e perdendo popularidade entre o exército. Non tardaron en saír candidatos ao seu posto, e as lexións nomearon a Magno Clemente Máximo coma augusto no 383. O enfrontamento entre os dous foi inevitábel e Graciano perdeu a vida no intento, quedando Máximo como emperador. Axiña apresurouse a recoñecer a Valentiniano II, xa que esta fora a condición imposta por Teodosio, o emperador de Oriente, para o seu propio recoñecemento.

Pero as cousas mudan e no ano 387 Magno Máximo invade a zona dos Alpes e ameaza a Milán, razón pola cal Valentiniano I e maila súa nai foxen a carón de Teodosio. No 388 Teodosio invade o Imperio Occidental, unha vez resoltos os seus propios problemas cos persas. Enfrontase a Máximo na Galia e mándao asasinar, restablecendo a Valentiniano II coma emperador de Occidente.

A súa morte[editar | editar a fonte]

Teodosio pon a Valentiniano II baixo a tutela de Arbogasto, xeneral de orixe franca que gozaba da súa confianza e que adicou a limpar a Galia dos partidarios de Máximo. Pero Valentiniano foi delegando cada vez mais poderes en mans do xeneral e no ano 392, xa con maioría de idade, tentou de recobrar o goberno lexítimo, e con motivo dunha invasión bárbara que tivo lugar na Panonia, Arbogasto non deixou acudir o emperador. Esta tentativa de mantelo pechado rematou coa morte nunha conxura do xove emperador, ao parecer por orde de Arbogasto, segundo unha oración fúnebre pronunciada por Ambrosio.

Teodosio, pola súa banda, non estaba moi interesado nas causas e deixou correr, pero Arbogasto nomea a Flavio Euxenio como emperador. Entón, a Teodosio non lle queda mais remedio que tomar o asunto nas súas mans, e invade Occidente de novo, vence a Argobasto, mata a Euxenio e queda coma único emperador. É a derradeira vez que o Imperio é reunificado e se mantén unido. A raíz da morte de Teodosio xa nunca volveran a se xuntar e as súas historias xa non serán parellas.


Imperio Romano

Segue a:
Graciano
Valentiniano II
Precede a:
Teodosio I
Valentiniana

Negriña